Faia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faia
Hayedomasaustral.jpg
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Fagus
Especie: F. sylvatica
Nome binomial
Fagus sylvatica
L.
Fagus sylvatica distribution maps.svg

Fagus sylvatica

A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talla, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.

Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.

Hábitat[editar | editar a fonte]

A faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; con todo logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas ladeiras escuras das montañas.

Europa[editar | editar a fonte]

Unha faia do Parque Natural de Somiedo (Asturias).

En Europa esténdese formando bosques desde Pilio, no centro de Grecia, ou redutos en Sicilia e no centro de España no Sur, até Suecia e Noruega, chegando até Trondheim no norte. En Finlandia coñécense algúns pequenos bosques de faias. Atópase moi estendido no centro de Europa destacando os bosques da Selva Negra (Alemaña), o Bosque de Soignesy en Bélxica, a Selva de Irati en Navarra (España), así como os faiais de Francia onde as faias conforman o 10% do total dos bosques. O reduto máis meridional atópase nas ladeiras do volcán Etna, en Sicilia.

Península Ibérica[editar | editar a fonte]

É infrecuente fóra da Cordilleira Cantábrica ou os Pireneos. En Galicia atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con carballeiras e bosques de cerquiños non teñen as típicas características dos faiais. Hai faias nas ladeiras do Moncayo, no parque natural dos Portos de Tortosa-Beceite (Tarragona), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en Tejera Negra (Guadalaxara), a Pedrosa (Segovia) ou en Montejo de la Sierra (Madrid). En Ciñera de Gordón (León) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o Val do Rudrón (Burgos). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de Valdés (Asturias). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en Cangas del Narcea a moi poucos quilómetros da maior carballeira de Europa, a de Muniellos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faia
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Faia