Carballa da Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°04′14″N 07°49′55″O / 42.07056, -7.83194

Carballa da Rocha
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural, árbore senlleira de Galicia
Ano de constitución:
Superficie: 0,64 ha.
Lexislación:
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: Rairiz de Veiga
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Carballa da Rocha é un carballo situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga, Ourense, declarado Monumento natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007[1][2], englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007 [3].

A Carballa da Rocha atópase dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular no que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm[4], bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura. Consérvase en bo estado, esmocouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anos[5]. Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DOG, Xunta de Galicia (eds.). "Decreto 45/2007, do 1 de marzo, polo que se declara monumento natural A Carballa da Rocha, no concello de Rairiz de Veiga.". 
  2. Consellaría de Ordenación, Medio Ambiente e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Carballa da Rocha". 
  3. Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG nº 74, de 17 de abril de 2007).
  4. Joaquín Araujo et al. Árboles singulares de España. Mundi-Prensa Libros, 2004, páxina 198
  5. Joaquín Araujo et al. Ob. cit.
  6. Delfín Caseiro Romaría da Saínza: Mouros e Cristiáns. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003