Saltar ao contido

Catasós, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catasós
Fachada da igrexa parroquial.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°37′37″N 8°06′28″O / 42.6269938, -8.1077789
Poboación454 hab. (2011)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Catasós é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE, no 2011 tiña 454 habitantes (246 mulleres e 208 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 527 habitantes.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No lugar de Quintela, atópase a Fraga de Catasós (ou Carballeira de Quiroga), ocupa 4.5185 ha. e foi declarada monumento natural no ano 2000, que ademais de carballos conserva castiñeiros centenarios de 5 metros de circunferencia que chegan ata os 30 metros de altura, o que os converte nos máis altos de Europa[Cómpre referencia].

Consérvanse algúns túmulos funerarios.

O castro de Catasós presenta un recinto de forma ovalada co eixo maior (L-O) que mide uns 85 m; o eixo N-S chega ata os 80 m, ambas as medidas tomadas no exterior da estrutura. O recinto aparece defendido en todo o seu perímetro por un terraplén. Na zona suroeste hai un parapeto, cunha caída cara ao interior duns 3,5 m, que parece feito de pedra e terra e que nalgún punto puido ter estrutura muraria. Este parapeto vaise esvaecendo cara ao oeste e só aparece nun punto do sector oriental. Aproximadamente na zona central da coroa, existe un afloramento rochoso de xisto.[2]

O castro de Quintela é un recinto de forma triangular ovalada cun eixo maior de orientación NL-SO que mide 150 m no exterior e 140 m ao interior. No seu eixo menor mide 130 m ao exterior e 100 m ao interior, na súa parte máis ancha, emprazada no suroeste. O recinto está protexido por un terraplén de escasa proxección, pois apenas levanta dous metros na maior parte do perímetro. Na zona noroeste presenta restos do parapeto que está composto esencialmente de terra, segundo se pode ver nos cortes dun camiño que o alterou. É probable que o parapeto se estendese tamén pola zona norte, pero a densa vexetación dificulta a súa determinación.[3]

Entre os edificios civís da parroquia destacan o Pazo de Donfreán, un casal do século XVIII, e a Casa de Quintela.

A igrexa parroquial de Santiago de Catasós, de 1792, foi levantada sobre as ruínas da anterior. Ten tamén dúas ermidas e un cruceiro duns 5 metros de alto.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Catasós

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Catasós no concello de Lalín (Pontevedra)

Antuín | Barrio | Belelle | Cabreira | Casas Vellas | Catasós | Celemín | Cerredo | Covás | Donfreán | Gate | Puxallos | Quintela | Torguedo

Parroquias de Lalín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]