Saltar ao contido

Pazo de Mariñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Mariñán

Tipocasa señorial e conxunto histórico-artístico Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundaciónséculo XV Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°19′02″N 8°12′58″O / 43.31732159, -8.21624656
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloBergondo
ParroquiaBergondo
LugarMariñán Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data5 de outubro de 1972
IdentificadorRI-53-0000140
Contacto
RedesPatrimonio Galego: 77999
Wikidata ] C:Commons ]

O Pazo de Mariñán é un pazo do século XVIII, que se atopa no lugar de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1972.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Sitúase a 25 km da cidade da Coruña, na marxe esquerda do río Mandeo, moi próximo a poboacións históricas como Betanzos e Pontedeume. Presenta elementos barrocos no seu corpo arquitectónico e no seu xardín de estilo francés.

Detalle da escalinata

Ten a súa orixe no século XV. Gómez Pérez das Mariñas I, nobre da corte de Xoán II de Castela, mandou construír unha defensa. Inicialmente era coñecido como Pazo de Bergondo. Gómez Pérez das Mariñas participou activamente na Gran Guerra Irmandiña (1467-1469).

Foise herdando de pais a fillos ata chegar a mans de Gerardo Bermúdez de Castro y Suárez de Deza, señor de Láncara. Un antepasado seu foi Luís de Pimentel e Soutomaior, que intentou asasinar á súa muller, Inés de Ribadeneira, nas dependencias do pazo.

Ó morrer Gerardo Bermúdez en 1936 sen descendencia, o pazo quedou legado á Deputación da Coruña para fins sociais. Ó ser os seus últimos propietarios Señores de Láncara, o pazo foi coñecido polos seus contemporáneos como Pazo de Láncara, sendo así recordado pola veciñanza de máis idade. Asemade na declaración como Conxunto Histórico Artístico no 1972 se fará mención a este dobre nome, que oculta o máis antigo de Pazo ou Quinta de Bergondo. O Pazo de Láncara (Lugo) tamén formaba parte do legado de Gerado Bermúdez de Castro.

Á morte deste benfeitor a súa doazón pasou case inadvertida; o pazo foi nomeado Fogar Xeneralísimo Franco e co beneficio das vendas de terras fixéronse colexios e outros centros asistenciais, ningún dos cales leva o seu nome.

Conta cunha pinacoteca que se pode visitar, centrada en cadros dos séculos XIX e XX, moitos deles galegos, e as súas dependencias están ambientadas con mobiliario principalmente do século XIX.[1]

O xardín do pazo conta con exemplares botánicos de gande importancia, tres deles figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:

Ademais o grupo de Plátanos comúns figura no mesmo catálogo, na categoría de formacións senlleiras.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • José Manuel García Iglesías (2001). Guía dos pazos de Galicia - A Coruña. Editorial Galaxia S.A. ISBN 84-8288-434-4. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]