Piñeiro manso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeiro manso
Piñeiro manso en Costa de la Luz (España)
Piñeiro manso en Costa de la Luz (España)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: 'Pinus'
Subxénero: Pinus
Especie: ''P. pinea''
Nome binomial
''Pinus pinea''
L.
Distribución na zona mediterránea do piñeiro manso.

Distribución na zona mediterránea do piñeiro manso.

O piñeiro manso ou piñeiro cernil (Pinus pinea) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne. O máis característico desta especie de piñeiro é a copa en forma esférica nos exemplares novos e a xeito de parasol nos máis vellos.

En Galiza atópanse pés illados preto da costa e en zonas de influencia mediterránea.

Árbores senlleiras[editar | editar a fonte]

O desparecido piñeiro manso dos Candeiras, en Ponteareas (Pontevedra) figuraba no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Descrición[editar | editar a fonte]

O piñeiro manso medra para despois abrirse mediante pólas de semellante grosor nunha copa arredondada e achatada, en forma de parasol. A superficie do toro caracterízase por dispor de placas de cor agrisada, separadas por fendas avermelladas. Gusta de solos areentos.

As piñas son ovalo-esféricas de entre 10 e 15 cm de lonxitude e ao madureceren ao terceiro ano, dan piñóns cubertos dunha codia dura, de 1 cm de lonxitude, carnosos e saborosos, podendo ter piñas no seu primeiro ano de maduración xunto con outras listas para ser recollidas na copa dun mesmo piñeiro manso. En España a tempada de recolleita da piña establécese entre os meses de novembro e xaneiro.

Comparación co piñeiro bravo[editar | editar a fonte]

Nun estudo comparativo co piñeiro bravo, vese que as acículas son sensiblemente máis curtas (de 8 a 10 centímetros de lonxitude). As piñas son máis curtas tamén (ata 12 cm), pero máis grosas, e maduran en tres anos. O porte é tamén algo máis pequeno, acadando como máximo os 30 metros. Os piñóns son grandes (entre 1,5 e 2 centímetros con á de menos de 1 mm) e comestibles.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Pinus pinea é natural de toda a faixa mediterránea, sendo na península ibérica máis habitual na zona centro e sur. En Galiza non se pode considerar árbore autóctona, aínda que atopamos exemplares illados nas zonas máis termófilas. Desenvólvese normalmente nun rango de alturas que van desde o nivel do mar até os 1.000 ou 1.200 msnm, formando bosques monoespecíficos preferentemente en solos silíceos.

É unha especie heliófila, resiste moi ben á seca estival e atura as xeadas non moi extremas.

Usos[editar | editar a fonte]

A madeira do piñeiro manso é lixeira e flexíbel. Pódese empregar en carpintaría e en estruturas, en particular, na construción marítima. Tamén se pode utilizar esta para facer carbón vexetal de xeito tradicional e para a fabricación de pasta de papel ou para obter resina.

Os piñóns utilízanse en repostaría, en gornición de ensaladas, ou tamén en pratos en mollo de tipo Tayín que mestura azucrado e salgado. O piñón entra en numerosos pratos mediterráneos. Tiña antes a reputación de ser afrodisíaco.

En Galiza empregouse tamén como ornamental en lugares coma pazos, igrexas e casas grandes.

Produción[editar | editar a fonte]

España é o primeiro produtor mundial de piñóns (só en Andalucía existen 200.000 hectáreas, e en Castela e León 90.000 hectáreas), seguido dos países da conca mediterránea, Francia, Italia e Turquía. Outros países, coma Chile, están a estudar adoptar o seu cultivo.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Pinus pinea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1000. 1753.[2]

Etimoloxía

Pinus: nome xenérico dado en latín ao piñeiro.[3]

pinea: epíteto: que dá piñóns.

Sinonimia
  • Apinus pinea (L.) Neck. ex Rydb.
  • Apinus pinea (L.) Neck.
  • Pinea esculenta Opiz
  • Pinus africana K.Koch
  • Pinus aracanensis Knight ex Gordon
  • Pinus arctica Carrière
  • Pinus esculenta Opiz
  • Pinus fastuosa Salisb.
  • Pinus fragilis Carrière
  • Pinus maderiensis Ten.
  • Pinus sativa Garsault[4][5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

piñóns.  
Conos masculinos.  
Piña madura aberta.  
Piña madura fechada.  
Planta nova.  
Planta adulta.  
Fraga de Pinus pinea (La Dehesa de la Villa, Madrid).  

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bosques para Chile. "Culmina con éxito proyecto de “Piñón comestible de Pino Piñonero”". 
  2. "Pinus pinea L". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de abril de 2013. 
  3. En Nomes Botánicos
  4. "Pinus peuce Griseb., Spic. Fl. Rumel. 2: 349 (1846)". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 10 de abril de 2013. 
  5. Pinus pinea L. en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]