Castiñeiro de Pumbariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°18′27.3″N 7°14′37″O / 42.307583, -7.24361

Véxase tamén: Souto de Rozavales.
Vista do Castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozavales.

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro senlleiro da especie Castanea sativa Mill. que se atopa en Souto de Rozavales, na da parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda.[1] Esta árbore ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro)[2] e podería ter arredor de 500 anos, polo que sería a árbore galega coñecida máis vella.[3]

En 1995 declarouse como Monumento Natural galego Souto de Rozabales.[4] No ano 2000 ampliouse a declaración a todo o souto no que está e incluíuse no catálogo de árbores senlleiras. Está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia .

O castiñeiro é un exemplar enxertado, como a maioría no Souto de Rozavales, polo que durante séculos foi aproveitado para a recollida das súas castañas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "O Catálogo galego de árbores senlleiras". Consultado o 20/01/2018. 
  2. La Voz de Galicia, eds. (25/08/2015). "Un castaño al que abrazar". 
  3. Juanjo Eireos (11/05/2017). El Correo Gallego, eds. "Árbores Senlleiras: as testemuñas vivas da historia de Galicia". Santiago de Compostela. 
  4. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Souto de Rozabales". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

 Ligazóns externas[editar | editar a fonte]