Pazo de Oca
Pazo de Oca | |
---|---|
Concello | A Estrada |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°44′47″N 8°23′40″O / 42.74647778, -8.39453056Coordenadas: 42°44′47″N 8°23′40″O / 42.74647778, -8.39453056 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | Barroco (século XVII) |
Estilo actual | Barroco (século XVIII) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII. De estilo barroco, pertence actualmente aos duques de Medinaceli. Foi declarada unha das propiedades de interese cultural da herdanza española.
Tamén é coñecido coma o Xeralife do Norte ou o Versalles galego debido á gran beleza dos seus xardíns, que ocupan 8 hectáreas de terreo e pódense visitar durante todo o ano.[1]
Situación[editar | editar a fonte]
Está situado na parroquia de Santo Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encóntrase no val do río Ulla, a uns 30 quilómetros ao sueste da cidade de Santiago.
Historia[editar | editar a fonte]
O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. A primeira familia propietaria do pazo foi a de Don Suero de Oca, pertencendo hoxe en día ao Ducado de Medinaceli.
Os xardíns[editar | editar a fonte]
O pazo é un dos máis famosos de Galicia polos seus xardíns, que teñen pontes, árbores pouco frecuentes e, entre outras moitas cousas máis, un encoro con parrulos e gansos. Algúns dos exemplares botánicos son a Camellia reticulata (camelia reticulada) a Cryptomeria japonica (cedro do Xapón) ou as formacións de buxos e de tileiros.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes do pazo de Oca.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pazo de Oca". www.santiagoturismo.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Oca ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pazo de Oca, na web da Fundación Casa Ducal de Medinaceli
- Pazo de Oca, na web de turismo de Santiago de Compostela