Souto de Rozavales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°18′27.3″N 7°14′37″O / 42.307583, -7.24361

Véxase tamén: Castiñeiro de Pumbariños.
Souto de Rozavales
Castiñeiro de Pumbariños, calcúlase que ten máis de 500 anos de idade.
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural, Árbore senlleira
Ano de constitución: 2000
Superficie: 1,80 ha.
Lexislación: DECRETO 67/2007, do 22 de marzo.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: Manzaneda
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales[1], é unha árbore senlleira e monumento natural que se atopa no lugar do Souto de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos.[2][3]

Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro e incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza en 2007.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

O souto ten unha extensión aproximada de 1,8 ha. Os exemplares do souto son enxertados e durante séculos foron aproveitados para a recollida de castañas. O souto está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.

Castiñeiro de Pumbariños[editar | editar a fonte]

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro da especie Castanea sativa Mill. O castiñeiro é de máis de 13 metros de perímetro e cunha base, da base ata as pólas, de 1.90 metros. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro)[4] As súas polas principais son de entre 6 e 8 metros e a súa copa abrangue un diámetro de 20 metros. Calcúlaselle unha idade de 500 anos, polo que sería unha das árbores galegas coñecidas máis vella.[3][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome oficial segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia é Souto de Rozabales; no DOG e en varias páxinas de información sobre o souto, tamén da Xunta de Galicia, aparece co nome de Souto de Rozabales.
  2. 2,0 2,1 Consellería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 78/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural o Souto de Rozabales, no concello de Manzaneda (provincia de Ourense).". DOG (Núm. 72): páx. 5.144. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "Monumentos Naturais". 
  4. La Voz de Galicia, eds. (25/08/2015). "Un castaño al que abrazar". 
  5. Juanjo Eireos (11/05/2017). El Correo Gallego, eds. "Árbores Senlleiras: as testemuñas vivas da historia de Galicia". Santiago de Compostela. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]