Castelo de Santa Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castelo de Santa Cruz
Castillo de Santa Cruz3.jpg
ConcelloOleiros
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°20′54″N 08°21′00″O / 43.34833, -8.35000Coordenadas: 43°20′54″N 08°21′00″O / 43.34833, -8.35000
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrenacemento (século XVI)
Estilo actualrenacemento
Estado actualCentro de educación ambiental
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Santa Cruz trátase dun castelo situado no Porto de Santa Cruz (Liáns, Oleiros), emprazado nunha illa e que serviu de efectiva defensa da ría da Coruña en contadas ocasións.

Historia[editar | editar a fonte]

As obras de construción iniciáronse no ano 1594 ou 1595, sendo capitán xeneral de Galicia Diego das Mariñas, seguindo os planos do enxeñeiro militar Pedro Rodríguez Muñiz. No século XVIII completouse con novos baluartes, pavillóns e parapetos, sendo Martín Cermeño o capitán xeneral.

Despois de perder o seu valor estratéxico e ficar abandonado, o castelo foi mercado por José Quiroga Pérez de Deza, marido de Emilia Pardo Bazán, para construír unha residencia estival. A súa filla, Blanca Quiroga, decidiu doarllo ao exército en 1939 para ser usado como casa de colonias estivais dos orfos de guerra. Ese foi o seu uso até 1978, en que o castelo volveu quedar desocupado.

En 1989, o concello de Oleiros adquiriu o castelo para dedicalo a fins de educación ambiental. En 2001 fundouse alí o CEIDA, froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Universidade da Coruña e o concello de Oleiros[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castelo de Santa Cruz Arquivado 02 de maio de 2014 en Wayback Machine., na páxina web do CEIDA

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]