Artes, Ribeira
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha parroquia da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas parroquias da Coruña (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Artes.
| Artes | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | Ribeira |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2011) 804 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 17 |
San Xián de Artes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ribeira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 749 habitantes (387 mulleres e 362 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 777 habitantes.
Índice |
[editar] Patrimonio
A súa igrexa parroquial é de estilo neoclásico. Foi construída entre 1770 e 1780 no lugar do antigo templo. A planta, de cruz latina, ten unha soa nave con bóveda de canón.
A fachada, simétrica, conta cunha porta rectangular con molduras no lintel e as xambas, e unha fiestra enriba para iluminar a tribuna. Os muros son de cantería de granito.
Na fornela hai unha figura de San Xulián, coa casaca e o paxaro característicos.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Artes
| Lugares da parroquia de Artes no concello de Ribeira (A Coruña) | |
|---|---|
|
Arribas | O Barreiro | As Bouciñas | A Braña Aberta | O Castro | A Devesa | A Gándara | Goda | Gude | Os Muíños | O Outeiro | A Perdigoteira | Os Queimadoiros | Sego | A Soledá | A Teixoeira | Viñas |
[editar] Parroquias de Ribeira
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira | |
|---|---|
|
Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía) |