Figueres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Figueres
Escut de Figueres.svg Bandera de Figueres.svg
Situación xeográfica
Localización de Figueres na provincia de Xirona
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Xirona
Comarca: Alt Empordà
Xeografía
Altitude: 40 msnm
Superficie: 19,31 km²
Poboación
Poboación total: 44.255 hab. (2010)
Densidade de poboación: 2.291,82 hab./km²
Xentilicio: Figuerenc/a
Información
Código postal: 17600
Alcalde: Santi Vila (CiU)
Sitio na web: www.figueres.cat

Figueres é a capital da comarca do Alt Empordà, en Xirona. En 2006 vivían no seu concello 39.641 habitantes.

Índice

Xeografía [editar]

Está situada a 39 m sobre o nivel do mar, na chaira altempordanesa, nas proximidades dos Pireneos e da fronteira con Francia. A 36 km da capital provincial, Xirona; a 136 de Barcelona e a 65 de Perpignan, en Francia.

Historia breve [editar]

O nome actual deriva do latín ficarias "figueiras", que era indicado como Ficaris no latín deturpado da Alta Idade Media. O conde de Ampurias, Hugo IV, incendiou a vila, e anos máis tarde o rei Xaime I de Aragón, concedeulle unha carta foral en 1267. Dada a súa proximidade á fronteira francesa a vila foi fortificada, xogando un importante papel como praza forte durante a Idade Moderna e nos anos iniciais do século XIX. De feito o castelo de Sant Ferran foi mandado construír polo rei Filipe V, que encargou as trazas ao célebre enxeñeiro francés Vauban.

Arte e arquitectura [editar]

Igrexa de Sant Pere
Teatro-Museo Dalí

Da antiga muralla apenas fica a torre Gorgot, integrada hoxe no Teatro-Museo Dalí. Deben salientarse ademais os monumentos seguintes:

Tradicións e cultura [editar]

Figueres está considerado como o berce da sardana. As festas de Figueres son as da Santa Cruz, celebradas cada 3 de maio. O 29 de xuño celebra a festa do patrón, san Pedro.

Figuerenses destacados [editar]

Algúns figuerenses salientes, de orixe ou de adopción, son: