Mesía, Mesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesía
Concello Mesía
Área 14,16 km²
Poboación 472 hab. (2004)
Densidade 33,33 hab./km²
Entidades de poboación 24

San Cristovo de Mesía é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (252 homes e 220 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 531 habitantes.

Índice

Patrimonio [editar]

A igrexa parroquial de San Cristovo de Mesía data do século XVIII, presenta planta de cruz grega. Dentro alberga un retablo ornamentado con pezas clásicas, encabezadas pola imaxe de San Cristovo.

O Pazo de Recelle data do século XVII, ten escudo na fachada. A estrutura é unha planta rectangular. Nas inmediacións atopamos un hórreo de tres cepas e unha fonte con pía de cantería.

Festas [editar]

  • As Misas, na fin de semana despois de Corpus.
  • San Cristovo, segunda fin de semana de xullo.
  • Virxe das Mercedes o 8 e 9 de setembro.
  • “Romaría dos Quintos” o 24 de setembro.

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Mesía [editar]

Lugares da parroquia de Mesía no concello de Mesía (A Coruña)

Afonsín | Alvite | Amil | Areosa | Astrai | O Campo | A Castiñeira | O Cruceiro | O Curro | A Escaravelleira | Feás | Feás de Arriba | Fondo da Aldea | Gudín | A Igrexa | Leborís | O Monte | Nosiño | O Outeiro | Recelle | Sobrado | Tiñoso | A Torre | Vilar

Parroquias de Mesía [editar]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]