Río Maruzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Maruzo
Ponte sobre o Maruzo en Lanzá
PaísGalicia Galicia
ConcaRío Tambre
DesembocaduraRío Tambre no Cachopal (Oroso)
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

O río Maruzo é un río galego que pertence á cunca do río Tambre e percorre parte do sueste da comarca de Ordes. Nace na parroquia de Cumbraos (Mesía) e desemboca no Tambre á altura do Cachopal (Oroso), tras pasar polas parroquias de Cumbraos, Lanzá, Vitre, Moar, Gafoi, Aiazo, Calvente e Os Ánxeles. O seu principal afluente é o río Gaiteiro.

É o terceiro río máis importante da comarca de Ordes e actúa como fronteira natural entre numerosas parroquias e, preto da fin do seu treito, entre Oroso e Frades.