Historia de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Colombia fórmase como nación no 1810 a partir da colonia española de Nueva Granada, oficializada no 1550, aínda que se constituíu uns anos antes e tomou definitivamente o seu nome actual no 1863. Este artigo cobre a historia do actual territorio de Colombia, incluíndo o que sabemos de antes da colonia.

Índice

Época precolombina

As testemuñas arqueolóxicas indican que o territorio actual de Colombia foi habitado polo ser humano polo menos durante 10.000 anos.

Artigo principal: Época precolombina

Época hispánica

Os exploradoresespañois chegaron á zona arredor do ano 1500, atopando na rexión tribos indíxenas como os Muiscas, ás que foron subxugadas e conquistadas. Os españois construíron varios asentamentos que finalmente se converteron nas provincias que conformaron a Nova Granada, ao principio como Real Audiencia e dende 1717 como vicerreinado, incluíndo varias provincias que pertenceran ata ese momento á xurisdición do vicerreinado de Perú.

Artigo principal: Época hispánica
Outros artigos: Conquista española, Consolidación colonial, Historia do Novo Reino de Granada, Historia do Vicerreinado de Nova Granada

Época da independencia

O movemento de independencia, en gran parte liderado por Simón Bolívar e Francisco de Paula Santander, dende 1810 finalmente tivo éxito no 1819 cando o territorio ocupado polo vicerreinado de Nova Granada se converteu nunha República Federal, logo coñecida como a Gran Colombia en honra ao navegante Cristovo Colón, tras a batalla de Boyacá (7 de agosto de 1819) e o Congreso de Angostura ese mesmo ano.

A República do século XIX

As divisións internas dos caudillistas conduciron no 1830 á separación dos departamentos que compuñan a Gran Colombia: Venezuela, Quito (actual Ecuador) e Cundinamarca no 1830. Cundinamarca tivo o nome de Nueva Granada ata o 1863, e logo foi nomeada Estados Unidos de Colombia ata que no 1886 tomou o seu nome actual: República de Colombia.

As divisións internas permaneceron, acendendo a guerra civil de vez en cando e contribuíndo a debilitar o país no tempo previo á independencia, coa axuda de EE.UU., de Panamá no 1903, que orixinalmente se unira á Gran Colombia dende 1821.

Artigo principal: República do século XIX

Século XX en Colombia

Dende os anos 1960 ata a data, o país segue sendo afectado por grupos insurxentes irregulares como as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), o Exército de Liberación Nacional (ELN) e, en anos recentes, as Autodefensas Unidas de Colombia (AUC). A existencia da guerrilla é un problema actual nesta terra. O presidente Belisario Betancur no 1982 comeza un movemento de reconstrución nacional tratando de integrar ás guerrillas no sistema, con resultados parciais e á vez tráxicos. No 2002, o fracaso da negociación do presidente Andrés Pastrana Arango coas guerrillas leva á elección de Álvaro Uribe, e ao desestimarse a necesidade de negociación, preséntase nun primeiro plano continuar á elaborar as estratexias da loita contra as drogas, que se materializa co Plan Colombia.

Artigo principal: Século XX en Colombia Hexemonía Conservadora, Réximes liberais, Medio século XX en Colombia, Frente Nacional, Historia recente de Colombia

Véxase tamén

Ligazóns externas