Economía de Colombia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Economía de Colombia | ||
|---|---|---|
| Moeda | Peso colombiano | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CAN, Unasur | |
| Datos estatísticos Fonte:CIA | ||
| PIB | US$ 366,7 mil millóns (2006) | |
| PIB (posición) | 40ª no mundo | |
| % de crecemento PIB | 5,4% (2006) | |
| PIB per cápita | US$ 8400 (2006) | |
| PIB por sector | agricultura 12%, industria 35,2%, comercio e servizos 52,8% (2006) | |
| Inflación anual | 4,3% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 49,2% (2005) | |
| Total da forza de traballo | 20,81 millóns | |
| % traballadores por sector | agricultura 22,7 %, industria 18,7 %, comercio e servizos 58,6 % (2006) | |
| Desemprego | 11,1% (2006) | |
| Principais industrias | textis, alimentos, petróleo, roupas e calzados, bebidas, produtos químicos, cemento, ouro, carbón, esmeraldas | |
| Parcerías comerciais [1] | ||
| Exportacións (US$) | 24,86 mil millóns f.o.b. (2006) | |
| Principais produtos exportados | petróleo, café, carbón, níquel, esmeraldas, roupas, bananas, flores | |
| Principais mercados | USA 41,8 %, Venezuela 9,9 %, Ecuador 6,3 %, (2005) | |
| Importacións (US$) | 24,33 mil millóns (2006) | |
| Principais produtos importados | Equipamentos industriais, equipamentos de transporte, bens de consumo, produtos químicos, produtos de papel, combustíbeis, electricidade. | |
| Principais parceiros | EUA 28,5 %, México 8,3 %, República Popular China 7,6 %, Brasil 6,5 %, Venezuela 5,7 %, (2005) | |
| Finanzas públicas [2] | ||
| Débeda externa | US$ 37,21 mil millóns (2006) | |
| Receitas (US$) | 50,7 mil millóns | |
| Despesas (US$) | 52,29 mil millóns | |
| Axuda económica recebida (US$) | dato non disponíbel | |
A economía de Colombia reportou en 1999 o primeiro crecemento negativo desde a década de 1930, rompendo un récord de crecemento sostido envidiado polas demais economías da rexión. Esta crise tivo varias causas: un retroceso do consumo privado logo de anos de crecemento desaforado froito da liberalización da economía, incremento sostido do déficit fiscal resultado das novas obrigas creadas pola Constitución de 1991, un sistema de banda cambiaria que se viu afectado pola crise asiática e rusa, a cal perdeu credibilidade despois de varios intentos errados por defendela por parte do Banco da República (banco central) e un avultado déficit en conta corrente.
O goberno actual (2002-2006) afronta desafíos económicos moi difíciles, entre eles reformar o sistema de pensións e diminuír a taxa de desemprego. Dous dos principais produtos colombianos, petróleo e café, afrontan un futuro incerto; a produción de petróleo veu diminuíndo nos últimos anos como consecuencia do declive nos principales campos petroleiros do país: Caño Limón e Cusiana. Por outra parte, a produción cafeteira viuse afectada seriamente na última década debido ós baixos prezos internacionais do café xerados polo fracaso do pacto da Organización Internacional do Café que representou á saída do maior consumidor mundial, Estados Unidos.
Estimase que a produción de coca e o seu tráfico movimenten o equivalente a 10% do Produto interno bruto do país.

