Daguerrotipo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daquerrotipo.

O daguerrotipo, construído por Louis Daguerre en 1839, é un invento precursor da fotografía moderna. Foi amais unha ponte entre a cámara negra creada por Zahn e retocada por Joseph-Nicéphore Niépce, e a cámara de obxectivo do alemán Petzvalen. As publicacións do momento deron a coñecer o novo aparato á sociedade, pero supuxo sobre todo unha revolución no mundo da información xa que permitiu cubrir o seguimento das guerras de Crimea e da Secesión Americana.

Para a obtención da imaxe pártese dunha capa sensible de nitrato de prata estendida sobre unha base de cobre. A partir dunha exposición na cámara, o positivo plásmase no mercurio. Finalmente, a imaxe fíxase tras somerxer a placa nunha solución de cloruro sódico ou tiosulfato sódico diluído.

A finais do ano 1840 conseguíranse tres progresos técnicos no daguerrotipo. En primeiro lugar, conseguiuse unha lente ata 22 veces máis brillante. Amais, aumentouse a sensibilidade das placas ante a luz ó ser recubertas por substancias halóxenas (aceleradores ou substancias rápidas), co que o tempo de exposición se reduciu. Por último, as placas douráronse para enriquecer os tons.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Daguerrotipo

Outros artigos[editar | editar a fonte]