Imperio colonial francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio colonial francés

HimnoLa Marseillaise Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalParís Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1534 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Disolución1980 Editar o valor em Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor em Wikidata

As áreas en cor azul formaron parte do imperio colonial francés nalgún momento da súa historia.

Francia tivo posesións coloniais, en varias formas, dende comezos do século XVII ata os anos 60. Entre 1919 e 1939, na súa cúspide, o segundo imperio colonial francés estendíase por máis de 13 500 000 km² de terra. Incluíndo a Francia metropolitana.

O que queda hoxe en día deste grande imperio son centos de illas e arquipélagos localizados no Atlántico norte, no Caribe, no océano Índico, no Pacífico (no sur e no norte) e no Océano Antártico, así como tamén un territorio continental en América do Sur, a Güiana Francesa, que, sumada ó anteriormente mencionado, dá 123.150 km², o que se traduce en só o 1% da área do imperio colonial francés anterior a 1939, con 2 800 000 persoas vivindo neses territorios en 2020. Todas estas gozan de representación política total a nivel nacional, así coma tamén varían os grados de autonomía lexislativa e forman parte da rexión ultraperiférica da Unión Europea.

A maior parte do imperio estivo controlada polas Forzas Coloniais Francesas.