Caquetá
Caquetá é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase localizado no suroccidente do país, sendo Florencia a súa capital. A rexión do Caquetá iniciase ao pé do monte andino e remata nos escarpes dde Araracuara, en plena selva amazónica. Grandes ríos regan o territorio, tódolos afluentes do río Caquetá, que lle serve de límete polo sur. Entre estes ríos destacan o Ajajú ou Apaporis, o Yarí, o Caguán e o Orteguaza, navegábeis por embarcacións menores.
A excepción das poboacións que moran baixo as bases da corilleira, e uns poucos casaríos indíxenas nas marxes dos grandes ríos, o resto do territorio áchase practicamente deshabitado e cuberto de espesa selva tropical húmida, cunha temperatura de entre 27º e 29º.
Os solos están compostos sobre rocas metamórficas da serie das Guaianas, ademais de arenitas de roraima e do Cretácico. Tamén aparecen cara a cunca do Caquetá rocas sedimentarias do Cenozoico.
Índice |
Etnografía [editar]
-
- Mestizos & Brancos (94,75%)
- Negros o Afrocolombianos (3,74%)
- Amerindios o Indíxenas (1,51%)
- Xitanos (0,00%)
Municipalidades [editar]
- Albania
- Belén Andaquies
- Cartagena de Chairá
- Currillo
- El Doncello
- El Paujil
- Florencia
- La Montañita
- Milán
- Morelia
- Puerto Rico
- San José de la Fragua
- San Vicente Caguán
- Solano
- Valparaíso
Economía [editar]
Economicamente, o territorio é rico en madeiras, resinas, plantas medicinais e gomas. Os solos, especialmente os que lindan coa cordilleira, son fértiles, e aproveitanse con cultivos de arroz, plátano, iuca, cacao e cana de azucre. No pé do monte, existen depósitos de estaño e carbón.
A fauna é diversa e abundante, tanto a terrestre como a fluvial.
Véxase tamén [editar]
|
|||||||