José Celestino Mutis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Celestino Mutis.

José Celestino Mutis y Bosio, nado en Cádiz (España) o 6 de abril de 1732 e finado en Santa Fé de Bogotá (Colombia) o 11 de setembro de 1808, foi un sacerdote, botánico, matemático e profesor da Universidade do Rosario, en Bogotá, universidade onde actualmente repousan os seus restos.

Biografía[editar | editar a fonte]

Etapa española[editar | editar a fonte]

Estudou medicina e cirurxía no Colexio de Cirurxía de Cádiz, concluíndo a súa carreira na universidade de Sevilla, xa que a institución gaditana non estaba cualificada para outorgar o título.

Tras concluír os seus estudos traballou durante catro anos no Hospital de Cádiz. A súas primeiras etapas profesionais desenvolvéronse baixo a titoría dalgúns dos máis eminentes científicos do momento.

Máis tarde pasou a traballar como suplente da cátedra de Anatomía do Hospital Xeral de Madrid, e perfeccionou os seus coñecementos botánicos no Xardín do Soto de Migas Calientes. Dirixíu a Real Expedición Botánica ao Reino de Nova Granada.

A Real Expedición Botánica ao Reino de Nova Granada. Etapa americana[editar | editar a fonte]

José Celestino Mutis propuxera en dúas ocasións (1763 e 1764, respectivamente) á Coroa de España unha Expedición Botánica polo Reino de Nova Granada (territorio que englobaba ás actuais Colombia, Ecuador, Panamá, Venezuela, norte do Perú e do Brasil e oeste de Guïana). Mutis chegara a este vicerreinado para servir como médico ao vicerrei Pedro Mesía de la Cerda.

Ditas propostas non tiveron resposta, de modo que Mutis se dedicou ao sacerdocio, á minaría e á atención da súa cátedra no Colexio do Rosario de Bogotá. Tras vivir en distintas poboacións, Mutis estableceuse en Santafé. Posteriormente dedicouse á minaría en Vetas, Santander, provincia de Pamplona.

Anos máis tarde, despois de retirarse a vivir a Mariquita, animado polo Vicerrei-Arcebispo Antonio Caballero y Góngora, realizou unha terceira proposta, que foi aceptada polo ilustrado rei Carlos III, que estudara botánica, ademais doutras ciencias, técnicas e artes.

Nos antigos billetes de 2000 pesetas aparecía a efixie de Mutis.

A Expedición [1] iniciouse en 1783, baixo a dirección de Mutis, prolongándose durante uns 30 anos. Mutis centrouse en Santafé e os seus arredores, a lagoa de Pedro Palo, a Mesa de Juan Díaz, Guaduas, Honda e os arredores de Mariquita. Pero na expedición participaron varios comisionados que estenderon a cobertura xeográfica.

Destaca entre eles Francisco José de Caldas, que percorreu as actuais terras de Ecuador durante catro anos, regresando a Santafé en 1808 levando un extensísimo herbario.

Outro dos comisionados foi frei Diego García, que percorreu o Alto Val do Magdalena, entre La Palma e Timaná, chegando á zona de los Andaquíes. A súa colección inclúe tamén un amplo repertorio de fauna e mostras xeolóxicas.

Pola súa parte, Eloy Valenzuela, que fora subdirector da Expedición durante o primeiro ao, foi comisionado a Santander. Tivo que retirarse, por problemas de saúde, a Bucaramanga, onde continuou recolectando.

Esta Expedición resultou ser a más custosa para a Coroa de España; porén, foi a que menos publicacións científicas produciu. Non obstante foi decisiva para o desenvolvemento da cultura e a investigación en Colombia. Nela creouse unha escola de debuxo e contratáronse numerosos oficiais de pluma e herbarios. As láminas realizadas na expedición resultaron ser de excepcional calidade. Entre os debuxantes destacan Salvador Rizo e Francisco Javier Matís, que foi cualificado por Humboldt como o mellor ilustrador botánico do mundo. Anos máis tarde o médico e botánico bogotano José Jerónimo Triana contribuíu decisivamente á determinación das especies vexetais.

Ao contrario do que sucedeu coas láminas, que quedaron en Nova Granada, parte do extenso e importante herbario foi trasladado á fin da Expedición ao Real Jardín Botánico de Madrid, onde permaneceu practicamente inédito até datas relativamente recentes.

Obra[editar | editar a fonte]

  • En Lingüística: estudou as linguas indíxenas do seu contorno e, entre outras actividades, elaborou unha serie de vocabularios elementais (100 palabras de cada idioma indíxena) por encarga do rei Carlos III. O rei respondía coa súa petición a Mutis á demanda da tsarina Catalina a Grande, que lle pedira vocabularios das linguas faladas en todos os seus reinos para facer un monumental Dicionario de todas as linguas del mundo. Este dicionario publicouse, pero os recompiladores tiveron a mala idea de facelo por orde alfabética, polo que resulta case imposíbel de consultar.
  • En Tecnoloxía: fixo importantes achegas a procesos industriais, tales como a minaría da prata e a destilación do ron.
  • Publicacións:
Nos billetes de 200 pesos tamén aparecía a efixie de Mutis.
  • El arcano de la quina: discurso que contiene parte médica de las cuatro especies de quinas oficiales, sus virtudes eminentes y su legítima preparación. Obra póstuma. Ibarra, impresor de Cámara de S. M., Madrid. 1828.[2]
  • Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada: 1783-1816. Publicada (49 volumes) baixo os auspicios dos Gobernos de España e de Colombia e mercede á colaboración do Instituto de Cooperación Iberoamericana, Instituto Colombiano de Cultura Hispánica, Real Jardín Botánico de Madrid, CSIC, e Instituto de Ciencias Naturales-Museo de Historia Natural de la Universidad Nacional de Colombia, coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Honras[editar | editar a fonte]

Académico[editar | editar a fonte]

Billetes de banco[editar | editar a fonte]

  • España. A súa imaxe é ben coñecida polos españois, posto que figuraba nos antigos billetes de 2000 pesetas, sendo o primeiro billete da serie España en América, que se puxo en circulación. No reverso do billete figuraba o debuxo realizado polos seus debuxantes, das orquídeas Mutisia, xénero que nomeou o fillo de Linneo así na súa honra.
  • Colombia. Tamén aparece no billete de 200 pesos de Colombia emitidos entre 1983 e 1992. O anverso do billete mostra a imaxe de José Celestino Mutis e o Observatorio Astronómico cunha marca de auga á dereita, e no reverso a imaxe do Claustro do Colegio Mayor de Nuestra Señora del Rosario, hoxe universidade del Rosario, Bogotá.
Rúa dedicada a José Celestino Mutis en Cádiz, España.

Epónimos[editar | editar a fonte]

  • Linneo fillo (L.f.) denominou na súa honra o xénero Mutisia, ampliando o significado que lle deron os alumnos de Mutis.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: José Celestino Mutis

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amaya, José Antonio (1983): Bibliografía de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada. Bogotá: Instituto Colombiano de Cultura Hispánica.
  • Amaya, José Antonio (1986): Celestino Mutis y la expedición botánica. Madrid: Debate.
  • Frías Núñez, Marcelo (1994): Tras el Dorado Vegetal. José Celestino Mutis y la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada (1783-1808). Sevilla: Diputación Provincial.
  • Gredilla, A. Federico (1911): Biografía de José Celestino Mutis con la relación de su viaje y estudios practicales en el Nuevo Reino de Granada. Madrid: Fortanet.
  • Hernández Alba, Guillermo (ed.) (1958): Diario de observaciones de José Celestino Mutis (1760-1790). Bogotá: Instituto Colombiano de Cultura Hispánica, Editorial Minerva. 2 Vol.
  • Hernández Alba, Guillermo (1968-1975): Archivo Epistolar de don José Celestino Mutis. Madrid: Instituto de Cultura Hispánica, 4 vol.
  • Hernández Alba, Guillermo (1982): Pensamiento científico y filosófico de José Celestino Mutis. Bogotá: Ediciones Fondo Cultural Cafetero.
  • Pérez Arbeláez, Enrique (1967): José Celestino Mutis y la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada. Bogotá: Antares, Tercer Mundo S.A.
  • San Pío. M. (ed.) (1995): Catálogo del fondo documental José Celestino Mutis del Real Jardín Botánico. Madrid: Real Jardín Botánico (CSIC).
  • Schumacher, Herman Albert (1984): Mutis, un Forjador de la Cultura. Bogotá: Empresa Colombiana de Petróleos.
  • Pimentel Igea, Juan (2001): Viajeros Científicos. Madrid: Ed. Nívola. Colección Novatores.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]