Rodolfo Llinás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRodolfo Llinás

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeColombia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Australiana
Pontificia Universidade Xaveriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónneurólogo , neurocientífico , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nova York
New York University School of Medicine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e código Morse Editar o valor em Wikidata
Premios

Rodolfo Llinás Riascos, nado en Bogotá o 16 de decembro de 1934, é un médico neurofisiólogo colombiano de recoñecida traxectoria a nivel mundial polas súas achegas no eido da neurociencia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse como médico cirurxián da Pontificia Universidade Javeriana e obtivo o seu doutoramento en neurofisioloxía na Universidade Nacional de Australia. É profesor de neurociencia na Escola de Medicina da Universidade de Nova York, na que foi ademais director do departamento de Physiology & Neuroscience e desempeña a cátedra "Thomas e Suzanne Murphy" no centro médico da Universidade de Nova York. É o primeiro e único "University Professor" que tivo a Escola de Medicina da Universidade de Nova York no seus 180 anos de existencia. "University Professor" permítelle dar cursos de nivel universitario, en calquera área do coñecemento humano.

Dirixiu o programa do grupo de traballo científico "Neurolab" da NASA. Entre as distintas achegas polas que é coñecido atópanse os seus traballos sobre fisioloxía comparada do cerebelo, as propiedades electrofisiolóxicas intrínsecas das neuronas coa enunciación da hoxe coñecida como "Lei de Llinás", e sobre a relación entre a actividade cerebral, as ondas cerebrais e a conciencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]