Bautismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fresco dos comezos da época cristiá da catacumba dos Santos Marcelino e Pedro, Vía Labicana, Roma.
Xoán o Bautista bautiza a Xesús

O bautismo é un rito polo cal unha persoa se inicia nunha relixión.

O bautismo na relixión católica[editar | editar a fonte]

No catolicismo, o bautismo é o sacramento de iniciación na relixión, volvéndose os individuos que son bautizados membros da comunidade católica. Este sacramento adoita ser dado a nenos acabados de nacer, pero tamén a adultos que se converten ó catolicismo. Consiste en verter auga bendita na cabeza de quen se vai a bautizar sobre unha pila bautismal.

Tódolos membros da comunidade cristiá deben ser bautizados para selo, ata o mesmo Xesucristo foi bautizado por Xoán o Bautista, quen dicía non ser o verdadeiro profeta a quen bautizaba: eu bautizareivos con auga, El bautizaravos con Espírito Santo.

Así, nos inicios do cristianismo houbo unha gran cantidade de bautizados, nos que os xefes dos pobos bautizaban xunta a eles á súa xente. Houbo tamén monarcas coma Carlomagno que fixeron converterse ó catolicismo ós seus vencidos.


Este sacramento é establecido pola seguinte cita da Biblia:

Xoán 3:5-6: Xesús contestou: En verdade, en verdade dígovos que a menos que un home naza de novo en auga e no Espírito Santo, non poderá entrar no Reino dos ceos. O que nace da carne é carne, o que nace do Espírito é espírito.

O bautismo noutras relixións[editar | editar a fonte]

O bautismo non é soamente propio da relixión católica, senón que é un rito bastante común nunha gran cantidade de relixións.

Outros artigos[editar | editar a fonte]