San Basilio de Palenque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Benkos Bioho en Palenque.
Festa Palenque.

Palenque de San Basilio ou San Basilio de Palenque é unha corrixidoría do municipio de Mahates, departamento de Bolívar, Colombia; sito nas faldras dos Montes de María a 50 km da cidade de Cartagena de Indias. Ten unha poboación de aproximadamente 3.500 persoas e limita cos municipios de Malagana, San Cayetano, San Pablo, Palenquito.

Palenque foi fundado por escravos fugados principalmente de Cartagena de Indias no século XV e liderados por Benkos Biohó; o seu illamento permitiulles manter a maioría das tradicións culturais africanas en Colombia (música, prácticas médicas, organización social, ritos fúnebres, etc) e incluso desenvolveron unha lingua crioula, mestura do español con linguas africanas orixinarias, denominada palenquero. Debido ás súas características na súa historia, formación, cultura e lingua, no 2005 Palenque foi declarado pola Unesco como "Patrimonio Intanxible da Humanidade",

Está considerado o primeiro pobo libre de América trala chegada española.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]