Virus

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Virus (homónimos).
Reconstrución por ordenador dun rotavirus.

Un virus (do latín virus, "toxina" ou "veleno") é un axente infeccioso microscópico só capaz de se replicar como hóspede no interior dunha célula. Os virus afectan a todo tipo de organismos, de animais e plantas a bacterias e archaeas[1]. Desde o descubrimento inicial do virus to mosaico do tabaco por Martinus Beijerinck en 1898[2], describíronse en detalle ao redor duns 5.000[3], aínda que existen millóns de tipos diferentes de virus[4]. Os virus atópanse en case calquera ecosistema da Terra e estas diminutas estruturas son o tipo de entidade biolóxica numericamente máis abundante[5][6]. O estudo dos virus coñécese como viroloxía, unha subespecialidade da microbioloxía.

Índice

[editar] Actuación

Trátase dun axente potencialmente patóxeno composto por unha cápside (ou cápsida) de proteínas que envolve o ácido nucleico, que pode ser ADN ou ARN. Esta estrutura pode, á súa vez, estar rodeada pola envoltura vírica, unha capa lipídica con diferentes proteínas dependendo do virus. O ciclo vital dun virus sempre necesita da maquinaria metabólica dunha célula para poder replicar o seu material xenético, producindo moitas copias do virus orixinal. No devandito proceso reside a capacidade destrutora dos virus, xa que poden prexudicar a célula ata destruíla. Poden infectar tanto células eucarióticas como procarióticas (neste últiomo caso denomínanse bacteriófagos, ou simplemente fagos). Algúns indicios parecen demostrar que existen virus, chamados viroides, que infectan outros virus.

[editar] Notas

  1. Koonin EV, Senkevich TG, Dolja VV (2006). "The ancient Virus World and evolution of cells". Biol. Direct 1: 29. DOI: 10.1186/1745-6150-1-29. 16984643.
  2. Dimmock p. 4
  3. Dimmock p. 49
  4. Breitbart M, Rohwer F (xuño de 2005). "Here a virus, there a virus, everywhere the same virus?". Trends Microbiol 13 (6): 278–84. DOI: 10.1016/j.tim.2005.04.003. 15936660.
  5. Lawrence CM, Menon S, Eilers BJ, et al. (maio de 2009). "Structural and functional studies of archaeal viruses" 284 (19): 12599–603. DOI: 10.1074/jbc.R800078200. 19158076.
  6. Edwards RA, Rohwer F (xuño de 2005). "Viral metagenomics". Nat. Rev. Microbiol. 3 (6): 504–10. DOI: 10.1038/nrmicro1163. 15886693.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Virus

Ferramentas persoais