Río Caquetá
O río Caquetá ou Japará[1], de 2.280 quilómetros de lonxitude e que recorre Colombia e o Brasil, nado no Macizo Colombiano, no Páramo de las Papas.
Índice |
Características [editar]
No seu curso alto flúe en dirección sureste e marca a fronteira entre os departamentos colombianos de Putumayo e Caquetá. Preto de Tres Esquina conflúe co río Orteguaza, e antes de penetrar no departamento colombiano de Amazonas recibe as augas do caudaloso río Caguán.
O río marca tamén a fronteira entre os departamentos de Caquetá e Amazonas, salvando numerosas cachoeiras.
Cerca dos cerros de Munoir recibe ao seu afluente Yarí.
Tras penetrar na Amazonia conflúe co río Apaporis, preto de La pedrera e entra no Brasil co nome de Jarupá. No seu curso baixo recibe ao Auati Paraná e ao Mirim Pirajuana
Desemboca na orela esquerda do río Amazonas, fronte a Tefé.
Aínda que é un río caudaloso e amplio, a existencia ao longo do seu curso de numerosos cachóns dificultan enormemente a navegación.
Posúe unha gran fauna, entre as que destacan os peixes, ademais de réptiles.
Notas [editar]
- ↑ Caquetá é o nome que recibe en Colombia e Japará no Brasil