Bandeira de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Colombia
Bandeira de Colombia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción26 de novembro de 1861
Cores     Amarelo     Azul      Vermello

A bandeira de Colombia é o pavillón que representa ó país, e que xunto co escudo e o himno nacional, ten a categoría de símbolo patrio. Consiste nun rectángulo dividido en tres franxas coloreadas coas cores primarias, ocupando a superior a metade deste.

O pavillón de Colombia ten a súa orixe na composición tricolor creada en 1801 polo Xeneral Francisco de Miranda, quen describía no seu diario militar o uso das cores primarias como bandeira para representar ás nacións latinoamericanas que naquel entón estaban en proceso de independencia, e rematou representando a Gran Colombia.

Estas cores foron adoptadas de forma sucesiva polos Congresos da Gran Colombia, o 17 de decembro de 1819, e da República de Nova Granada, o 9 de maio de 1834. A disposición actual dos mesmos foi adoptada de forma definitiva o 26 de novembro de 1861, e a súa regulamentación dada por medio dos decretos 861 do 17 de maio de 1924 e 62 do 11 de xaneiro de 1934.[1]

A bandeira como símbolo nacional é empregada polo Goberno e as institucións estatais, con distintas variantes na súa confección segundo o uso que se lle de por parte dos corpos diplomáticos, civís ou militares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Presidencia de la República de Colombia. "Decreto 861 de 1924 y decreto 62 de 1934". Consultado o 19 de setembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]