Industria química

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A industria química ocúpase da extracción e procesamiento das materias primas, tanto naturais como sintéticas, e da súa transformación noutras sustancias con características diferentes das que tiñan orixinalmente, para satisfacer as necesidades das persoas mellorando a súa calidade de vida. O seu obxectivo principal é elaborar un produto de boa calidade co custo máis baixo posible, e tratando de ocasionar o menor dano posible ao medio.

Existen dous tipos de industria química:

Industria química de base: Utilizan as materias primas básicas e elaboran produtos intermedios que, á súa vez, serven de materia prima para outras industrias

Industrias químicas de transformacion: Están destinadas ao consumo directo das persoas, empregan como materias primas os produtos elaborados polas industrias químicas de base. A química fina, como se lle denomina a este sector industrial, comprende numerosas industrias especializadas (medicamentos, fertilizantes, praguicidas, colorantes, etc..).