Lira, Carnota
Coordenadas: 42°47′58″N 9°07′35″W / 42.79944°N 9.12639°W
| Lira | |
|---|---|
| Hórreo de Lira. | |
| Concello | Carnota |
| Área | - km² |
| Poboación | 952 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 9 |
San María de Lira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2011 tiña 952 habitantes (478 homes e 474 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.115 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
Está situada entre Lariño e Carnota.
A actividade económica baséase no sector primario, sobre todo marisqueo e pesca, sendo moi famosos os ourizos da pedra mariña.
Lira posúe numerosas praias, como a praia de Mar de Lira (bandeira azul), ou as de Ximprón, A Gavota, Susiños e Ardileiro. Hai un porto pesqueiro no lugar de Portocubelo, podendo atopar no seu peirao muxos, maragotas e santiaguiños.
Patrimonio [editar]
- O castro de Mallou é unha acrópole fortificada da idade do ferro. O castro de Miñarzos está na actual vila de Lira, polo que está moi alterado.
- A Torre dos Mouros foi un recinto fortificado medieval. En xullo de 2012 levouse a cabo unha escavación arqueolóxica[1].
- O hórreo de Lira, construído entre 1779 e 1814, é xunto co hórreo de Carnota o máis longo de Galicia.
- A igrexa parroquial, construída en 1760 e remodelada en 1825, destaca pola súa grande torre campanario que destaca sobre o resto da estrutura.
- A capela da Nosa Señora dos Remedios foi construída en 1706.
Cultura [editar]
Nesta aldea está moi presente a actividade cultural: a súa xente intenta achegar a súa riqueza a todos os lugares posibles, por esa razón naceu o proxecto Mar de Lira no que se intenta achegar a todo o mundo á cultura mariñeira.
Festas [editar]
- Remedios Novos: Martes de Pascua.
- Remedios Vellos: O sétimo martes posterior ao Martes de Pascua.
- Festa do Mar: 15 de agosto.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Lira, Carnota.
-
Piscifactoría de rodaballo.
Notas [editar]
- ↑ Torre dos Mouros, páxina web do proxecto de investigación e difusión arqueolóxica.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Lira [editar]
| Lugares da parroquia de Lira no concello de Carnota (A Coruña) | |
|---|---|
|
Agrovello | A Beirada | O Carballal | Lira | Miñarzo | Paus | O Pazo | Portocubelo | Rates | Romarís | A Rúa | Sestelos | Sofán | Teixoeira |
Parroquias de Carnota [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota | |
|---|---|
|
Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |