Kevin Magnussen
(2019) | ||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1992 (32 anos) Roskilde, Dinamarca | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, actor de dobraxe, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Pai | Jan Magnussen | |||||||||||||||||||||||||
Páxina web | kevinmagnussen.com | |||||||||||||||||||||||||
Kevin Jan Magnussen, nado en Roskilde o 5 de outubro de 1992 é un piloto de carreiras danés, actualmente pilota para o equipo Haas F1 Team.[1][2][3] É fillo do catro veces gañador de Le Mans da clase GT, piloto de fábrica GM e expiloto de Fórmula 1 Jan Magnussen, Kevin Magnussen chegou a través do programa de novos pilotos de Fórmula Un de McLaren e pilotou para McLaren no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 e pilota para o equipo Haas desde 2017 e deixou ao equipo ao final da tempada 2020.[4][5] Competirá no WeatherTech SportsCar Championship en 2021 pilotando para Chip Ganassi Racing.
En 2022, Magnussen reincorporouse a Haas cun contrato de varios anos.[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Magnussen comezou a súa carreira no karting. En 2008 deu o salto a Fórmula Ford en Dinamarca, gañando o campionato,[7] tamén competiu en seis carreiras das series ADAC Formel Masters.
En 2009 Magnussen pasou a Fórmula Renault, terminando segundo por detrás de António Félix da Costa na Copa de Europa do Norte e sétimo na Eurocopa, pilotando para Motopark Academy.
En 2010 Magnussen competiu no Campionato alemán de Fórmula Tres con Motopark Academy e Carlin Motorsport; gañando a rolda de apertura da tempada en Oschersleben. Terminou terceiro no campionato, taking the rookie title in the process.
En 2011 Magnussen pasou a Cooper Tires British Formula 3 with Carlin
No campionato de 2016 formou parte do equipo Renault, que volvía como construtor á competición tras seis anos unicamente motorizando.
Carreira na Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Magnussen tivo a súa primeira experiencia no McLaren MP4-27 de Fórmula Un, nunha proba para pilotos novos na pista de Abu Zabi, o 6 de novembro de 2012. Estableceu un tempo máis rápido de 1:42.651. Anteriormente realizara un traballo no simulador de condución do equipo.[8] Magnussen foi o mellor da proba de tres días impresionando ao director deportivo de McLaren, Sam Michael. A distancia cuberta no curso da proba foi suficiente para lograr a superlicencia de F1.[9]
McLaren (2014–2015)
[editar | editar a fonte]O 14 de novembro de 2013, confirmouse que Magnussen pilotaria en McLaren para a tempada 2014, substituíndo a Sergio Pérez Mendoza.[4] De acordo cunha nova regra introducida na Fórmula Un para a tempada 2014, onde os pilotos escolleron un número de coche que usarían durante toda a súa andaina na F1, Magnussen escolleu o número 20 xa que era o número que tiña no seu coche DAMS en 2013 cando gañou o campionato.[10]
Nas probas de pretempada de Jerez e Bahrain superou as taboas de tem`po e na primeira carreira en Australia, clasificouse na cuarta posición.[11] Na carreira en se, Magnussen evitou chocar no inicio, despois de que o seu coche sobrevirara[12] ao patinar as rodas, despois de pasar a Lewis Hamilton nas primeiras voltas, Magnussen mantivo a posición para lograr o terceiro posto, rematou 2,2 segundos por detrás do Red Bull de Daniel Ricciardo.[13] Como resultado, Magnussen converteuse no segundo piloto danés, despois do seu pai Jan, que foi sexto no Gran Premio do Canadá de 1998, en lograr puntuar,[14] e o primeiro debutante, desde Hamilton no Gran Premio de Australia de 2007, en subirse ao podio no seu primeiro Gran Premio.[15] Despois da carreira, Magnussen describiu o resultado como "como unha vitoria".[16] Máis tarde subiu ao segundo posto nos resultados, despois de que Ricciardo fose descualificado debido a irregularidades no combustible,[17] converténdoo no primeiro novato en terminar segundo desde Jacques Villeneuve no Gran Premio de Australia de 1996.[18] Magnussen logrou acabar once carreiras máis en todo o 2014, sendo na maioría no noveno ou o décimo lugar, aínda que Magnussen logrouo sétimo lugar nos circuítos de Austria e Gran Bretaña onde tivera experiencia previa en fórmulas júnior, e un quinto posto en Rusia.
2015
[editar | editar a fonte]O 11 de decembro de 2014, anunciouse que Fernando Alonso regresaría a McLaren xunto a Button, deixando a Magnussen como piloto de proba e reserva para McLaren.[19] O piloto mantivo conversacións co equipo Honda Andretti Autosport para competir nas IndyCar Series, pero McLaren bloqueou o acordo.[20] O 3 de marzo de 2015, McLaren anunciou que Magnussen substituiría a Fernando Alonso no Gran Premio de Australia, despois de que os médicos aconsellaran a Alonso non correr debido a unha conmoción obtida durante un incidente nun test o 22 de febreiro.[21][22] Non obstante, Magnussen non puido iniciar a carreira despois de sufrir un fallo no motor na volta de formación.[23]
O 5 de outubro de 2015, recibiu un correo electrónico do axudante persoal do presidente de McLaren, Ron Dennis, que o liberaba de McLaren. McLaren fíxoo público o 16 de outubro.[24]
Renault (2016)
[editar | editar a fonte]Despois de ser liberado por McLaren, confirmouse que Magnussen tievera conversas para pilotar o equipo Haas F1, antes de que Romain Grosjean e Esteban Gutiérrez fosen nomeados como pilotos do equipo.[25] Magnussen supostamente estivera en conversas sobre un asento en Manor Racing na Fórmula Un.[26][27] Magnussen probou un coche Mercedes DTM,[28] e un Porsche LMP1,[29] suxerindo de que quizais tivera opcións fóra da Fórmula Un, incluído a IndyCar, onde se cre que entrou en conversacións con Bryan Herta Autosport sobre unha unidade.[30]
O 28 de xaneiro de 2016, apareceron informacións non confirmadas de que Magnussen ía substituír a Pastor Maldonado en Renault, como compañeiro do novato Jolyon Palmer para a seguinte tempada tras un incumprimento de contrato entre Maldonado e o equipo.[31] O 3 de febreiro, Renault confirmou que Magnussen fichara para a tempada 2016.[1] Logrou puntuar dúas veces un sétimo posto en Rusia e un décimo lugar en Singapur, rematando a tempada en 16º lugar.
Haas (2017 – 2020, 2022 - )
[editar | editar a fonte]2017
[editar | editar a fonte]O 10 de novembro de 2016, anunciouse que Magnussen asinara un contrato con Haas para 2017.[32] Tras asinar con Haas, converteuse no único piloto en competir nun Gran Premio con todos os fabricantes de motores (catro) na era turbo híbrida turbo.[Cómpre referencia] anotou en cinco carreiras, cun sétimo posto en Acerbaixán como mellor resultado, e rematou 14º no Campionato de Pilotos.[33][34][35]
2018
[editar | editar a fonte]Magnussen mantivo o seu impulso para a tempada 2018.[36] Logrou a súa primeira volta rápida no Gran Premio de Singapur.[37] Magnussen provocou a ira de varios pilotos ao longo da tempada pola súa condución defensiva. No Gran Premio do Xapón de 2018, o piloto de Sauber Charles Leclerc chamou a Magnussen "estúpido" pola radio despois de que o seu intento de adiantar ao Haas rematase en contacto,[38] Pierre Gasly tamén criticou a condución defensiva de Magnussen no Gran Premio de Acerbaixán de 2018 tras unha colisión entre ambos.[39] Puntuando en 11 carreiras, Magnussen rematou noveno na clasificación de pilotos, con 56 puntos.
2019
[editar | editar a fonte]O 28 de setembro de 2018, confirmouse que Magnussen seguiría pilotando en Haas na tempada 2019.[40] Un ano despois da súa primeira volta rápida, Magnussen repetiu a proeza no Gran Premio de Singapur de 2019.[41] Por desgraza, o Haas VF-19 foi pouco competitivo durante a maior parte da tempada, con Magnussen anotando puntos en só 4 carreiras, cun total de 20 puntos para rematar 16º na clasificación. O seu compañeiro de equipo Romain Grosjean tamén loitou co coche, só puido anotar 8 puntos de 3 carreias nas que puntuou.[42]
2020
[editar | editar a fonte]Magnussen seguiu pilotando para Haas en 2020, de novo colaborando con Grosjean.[43] As dúas primeiras roldas do campionato no Red Bull Ring resultaron difíciles para Magnussen e Haas, xa que o Haas VF-20 estaba fóra de ritmo. Nas primeiras voltas do Gran Premio de Hungría de 2020 , Magnussen quedou terceiro, grazas a unha decisión de estratexia ao comezo da carreira. Aínda que finalmente caeu de novo durante toda a carreira, logrou cruzar a meta no noveno posto. Despois da carreira, determinouse que Haas incumprira as regras relativas á radio do equipo ao dicir aos dous pilotos que entrasen a boxes ao final da volta de formación e Magnussen recibiu unha penalización de dez segundos. Isto degradouno á décima posición, e Magnussen logrou o primeiro punto do ano e o de Haas. Magnussen sufriu un fallo na unidade de potencia no Gran Premio de Italia de 2020 e chocou por detrás nun accidente de varios vehículos no Gran Premio da Toscana de 2020, a súa quinta retirada en nove carreiras.
Magnussen abandonou Haas a finais de 2020.[44]
2022
[editar | editar a fonte]Tras a invasión rusa de Ucraína, Haas rescindiu o seu contrato co seu pilotor Nikita Mazepin. Magnussen volveu ao equipo como o seu substituto cun contrato de varios anos, coa asociación co piloto Mick Schumacher para a tempada 2022. No seu regreso con Haas en Bahrain, Magnussen logrou comezar 7º e rematar 5º, marcando un dos cinco primeiros postos na historia de Haas ata ese momento.[45] No Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, chegou á Q3 e clasificouse décimo. Máis tarde converteu iso nun noveno posto, asegurando puntos consecutivos de Haas por primeira vez desde 2019.[46][47] Magnussen terminou décimo en Silverstone co seu compañeiro de equipo Mick Schumacher oitavo dando a Haas os primeiros puntos dobres desde Alemaña 2019.[48]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resumo da súa carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series
[editar | editar a fonte](key)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Motopark Academy | Dallara F308/099 | Volkswagen | LEC 1 |
LEC 2 |
HOC1 1 |
HOC1 2 |
VAL 1 7 |
VAL 2 1 |
NOR 1 |
NOR 2 |
NÜR 1 |
NÜR 2 |
ZAN 1 |
ZAN 2 |
BRH 1 |
BRH 2 |
OSC 1 |
OSC 2 |
HOC2 1 |
HOC2 2 |
12º | 8 |
Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series
[editar | editar a fonte](key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Carlin | ALC 1 2 |
ALC 2 Ret |
MON 1 Ret |
SPA 1 21 |
SPA 2 1 |
NÜR 1 5 |
NÜR 2 8 |
MOS 1 16† |
MOS 2 10 |
SIL 1 Ret |
SIL 2 Ret |
HUN 1 2 |
HUN 2 23† |
LEC 1 6 |
LEC 2 24† |
CAT 1 5 |
CAT 2 4 |
7º | 106 |
2013 | DAMS | MNZ 1 2 |
MNZ 2 2 |
ALC 1 1 |
ALC 2 9 |
MON 1 4 |
SPA 1 1 |
SPA 2 3 |
MOS 1 11 |
MOS 2 2 |
RBR 1 3 |
RBR 2 3 |
HUN 1 2 |
HUN 2 2 |
LEC 1 DSC |
LEC 2 1 |
CAT 1 1 |
CAT 2 1 |
1º | 274 |
† Non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Barretto, Lawrence (3 de febreiro de 2016). "Renault launches its 2016 Formula 1 car, the RS16". Autosport.com. Haymarket Publications. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ Edmondson, Laurence (1 de febreiro de 2016). "Pastor Maldonado confirms F1 exit". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2016. Consultado o 2 de febreiro de 2016.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Seasons • STATS F1". www.statsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Benson, Andrew (19 de marzo de 2010). "McLaren and Magnussen come full circle". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 21de marzo de 2010.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Seasons • STATS F1". www.statsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Kevin Magnussen volve ao equipo Haas F1" (en inglés). 9 de marzo de 2022. Parámetro descoñecido
|sitio web=
ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido|data de acceso=
ignorado (Axuda) - ↑ http://www.driverdb.com/drivers/5000/career/ Career statistics at Driver Database
- ↑ "Magnussen and Da Costa impress in Young Driver Test". grandprix.com. Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ "Valsecchi tops final day in Abu Dhabi". grandprix.com. grandprix.com. Consultado o 9 de novembro de 2012.
- ↑ "Numbers up for 2014 Formula One drivers". msn.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2016.
- ↑ Gill, Pete (15 demarzo de 2014). "McLaren still hopeful of podium finish after Kevin Magnussen impresses again". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 16 de marzo 2014.
- ↑ Anderson, Ben (16 de marzo de 2014). "Nico Rosberg dominates in Melbourne for Mercedes". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Rosberg dominates season opener in Australia". Formula1.com (Formula One Administration). 16 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Hamilton, Ben (16 de marzo de 2014). "Magnificent Magnussen finishes third in Aussie GP". The Copenhagen Post (Ejvind Sandal; CPHPOST.DK ApS). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Rosberg wins as Hamilton and Vettel go out in Australia". Yahoo! Eurosport (TF1 Group). Reuters. 16 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Noble, Jonathan; Mitchell, Scott (16 de marzo de 2014). "F1 rookie Kevin Magnussen says podium like win". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Red Bull's Daniel Ricciardo disqualified from the results of the Australian GP". Sky Sports (BSkyB). 16 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Ransom, Ian (16 de marzo de 2014). "Rosberg wins for Mercedes, Magnussen second". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (11 de decembro de 2014). "McLaren confirm Jenson Button & Fernando Alonso for 2015". BBC Sport (BBC). Consultado o 23 de decembro de 2014.
- ↑ Kevin Magnussen open to future full-time IndyCar switch after F1 - Luke Smith, Crash.net, 3 de marzo de 2018
- ↑ "Fernando Alonso: A Medical Update". McLaren.com. McLaren. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (3 de marzo de 2015). "Fernando Alonso: McLaren driver to miss Australian Grand Prix". BBC Sport. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ "Points don't matter to McLaren – Button". GPUpdate.net (JHED Media BV). 15 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ Benson, Andrew (16 de outubro de 2015). "Kevin Magnussen: McLaren man told about exit on birthday". BBC Sport (BBC). Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
- ↑ Anderson, Ben (28 de xaneiro de 2016). "Haas F1 wanted Kevin Magnussen for 2016 had Grosjean declined offer". Autosport. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Manor rebrands, presentation on February 22". GPupdate.net. 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Magnussen had another F1 offer for 2016". GrandPrix.com. 5 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016.
- ↑ "Magnussen lands Mercedes-Benz DTM test". Crash.net. Crash Media Group. 19 de novembro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ Watkins, Gary (27 de outubro de 2015). "Ex-McLaren F1 racer Kevin Magnussen to test Porsche LMP1 car". Autosport. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ Noble, Jonathan (28 de xaneiro de 2016). "Magnussen on verge of F1 return with Renault". Motorsport.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ Parkes, Ian (28 de xaneiro de 2016). "Kevin Magnussen set to replace Pastor Maldonado at Renault F1 team". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Haas F1 Team Secures 2017 Driver Lineup by Signing Kevin Magnussen to Join Romain Grosjean". Haas F1 Team. 10 de novembro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2016.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Points • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Grands Prix started • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "2017 • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "The honeymoon period is over – exclusive Gene Haas Q&A". Formula.com (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ "Kevin Magnussen - Fastest laps". Stats F1. Consultado o 7 denovembro de 2018.
- ↑ Karpov, Oleg; Elizalde, Pablo. "Charles Leclerc: F1 must be harsher on 'dangerous' Kevin Magnussen". Autosport.com. Consultado o 3 de decembro de 2019.
- ↑ de Menezes, Jack (30 de abril de 2018). "Pierre Gasly accuses Kevin Magnussen of being the ‘most dangerous’ driver in F1". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ "F1 2019: Haas confirm Kevin Magnussen and Romain Grosjean". Sky Sports (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2018.
- ↑ "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2019 - Fastest Laps". F1.com. Consultado o 22 de setembro de 2019.
- ↑ "Magnussen: Haas VF-19 'most incosistent' of all Haas cars so far". GPToday.net. Consultado o 3 de decembro de 2019.
- ↑ "Haas confirm Kevin Magnussen and Romain Grosjean for F1 2020". skysports.com. 19 de setmbro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Grosjean and Magnussen announce they are to leave Haas at the end of 2020". Formula1.com. 22 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "Standings".
- ↑ "Kevin Magnussen says Haas car is 'a joy to drive' after another points finish". 28 de marzo de 2022.
- ↑ "F1 news: Haas in points in consecutive rounds thanks to Kevin Magnussen". Mediareferee.com. 2022-03-28. Consultado o 2022-05-25.
It also meant that Haas managed to score points in consecutive races for the first time since 2019.
- ↑ Whisenant, David. "Kannapolis-based Haas F1 team breaks through with double points finish in British Grand Prix". wbtv.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kevin Magnussen |