Actor de voz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un actor de voz é unha persoa que proporciona a súa voz para calquera soporte audiovisual: videoxogos, atraccións, series radiofónicas, series de televisión, stop motion, animacións (como debuxos animados, filmes e curtas animados), publicidades de televisión e radio. Cando fai falla cantar nun papel dado, ás veces contrátase un segundo actor de voz para as cancións. Un actor de voz non necesariamente ten que ser un actor de dobraxe. Un actor que presta a súa voz para realiza-las voces orixinais dunha produción non está a realizar unha dobraxe.

Unha práctica común é contratar mulleres para os papeis de nenos. Isto é especialmente útil se unha serie ou unha campaña publicitaria vai durar varios anos, xa que, namentres que a voz dun actor adolescente muda co tempo, a dunha actriz adulta non fará tal.