Fundación Penzol
Fundación Penzol | |
---|---|
Sede da fundación | |
Tipo | Cultural |
Data de fundación | 5 de maio de 1963 |
Fundador(es) | Fermín Penzol |
Presidente/a | Manuel Puga Pereira (-) |
Premios | Medalla de Ouro de Galicia |
Localización | |
Sede | Casa Galega da Cultura |
Enderezo | Praza da Princesa |
En | Vigo |
País | Galicia |
42°14′19″N 8°43′31″O / 42.238473169299, -8.7252878211611 | |
Na rede | |
https://hoxe.vigo.org/movemonos/m_penzol.php?lang=gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco. O fondo inicial da fundación, que consistiu en 7 751 libros, 6 012 folletos e moitas revistas periódicas, manuscritos e documentos,[1] foise ampliando e agora ten unha das maiores coleccións de folletos, máis de 45 000 libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e 160 manuscritos da historia recente de Galiza.
Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.
A primeira sede da biblioteca instalouse na rúa Policarpo Sanz de Vigo, para despois trasladarse á Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa.
Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.
En 2020 foi Premio da Cultura Galega.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fundación Penzol: presentación
- ↑ "Danse a coñecer os nomes dos gañadores dos Premios Cultura Galega 2020 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fundación Penzol |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Fundación Penzol |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Monteagudo, Henrique (coord.) (2010). Fermín Penzol. Unha obra para un país Galaxia. ISBN 978-84-9865-312-0.
- Fermín Penzol in memoriam xulio-agosto-setembro 1981. Grial n.º 73. ISSN 0017-4181. Inclúe:
- "Fundación, Fondos e Labor divulgativo" Fundación Penzol. Concello de Vigo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación Penzol na páxina web do Concello de Vigo.
- Fundación Penzol na páxina web de Editorial Galaxia.
- O. de 4/3/1982 por la que se reconoce clasifica e inscribe como Fundación Cultural Privada la denominada «Fundación Penzol» Arquivado 26/06/2018, en Wayback Machine. «BOE» 77, de 31/3/1982, p. 8 458. MCU (en castelán).