A Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT) é unha asociación española formada en 1981 por vítimas de atentados terroristas. Os seus membros inclúen feridos e a familiares de vítimas españolas de atentados terroristas da banda terrorista ETA, dos GRAPO, Terra Lliure, FRAP e do terrorismo islámico. A organización atende a máis de 4500 persoas. A súa actual presidenta é Maite Araluce, que sucedeu a Alfonso Sánchez Rodrigo.
A AVT conta con máis de 4500 asociados,[1][2][3] mentres que dende a propia Asociación,[4] declaran ter como membros ao 90% das vítimas de terrorismo asociadas (compatible coa primeira cifra, xa que non todas as vítimas están asociadas). En calquera caso, estas cifras converteríana na asociación de vítimas do terrorismo máis importante de España e unha das máis numerosas do mundo.