Curtis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Demografía: edición de táboa
Liña 77: Liña 77:


<center>
<center>
{| style="background:#F2F2F2"
<timeline>
| valign=top |[[File:Escudo de Curtis.svg|70px]]
|<timeline>
Colors=
Colors=
id:AA value:green
id:AA value:green
id:AE value:red

id:lightgrey value:gray(0.9)
id:lightgrey value:gray(0.9)
id:darkgrey value:gray(0.8)
id:darkgrey value:gray(0.8)
Liña 86: Liña 88:
id:barra value:rgb(0.6,0.7,0.8)
id:barra value:rgb(0.6,0.7,0.8)


ImageSize = width:500 height:350
ImageSize = width:500 height:380
PlotArea = width:420 height:300 left:50 bottom:45
PlotArea = width:420 height:300 left:50 bottom:45


Liña 110: Liña 112:
bar:2009 from:0 till:4246 color:AA
bar:2009 from:0 till:4246 color:AA
bar:2013 from:0 till:4112 color:AA
bar:2013 from:0 till:4112 color:AA
bar:2014 from:0 till:4048 color:AA
bar:2014 from:0 till:4048 color:AE


PlotData=
PlotData=
Liña 123: Liña 125:


TextData=
TextData=
pos:(175,320) text: Evolución da poboación dende 1900. O gráfico non é proporcional.
pos:(250,360) text: Evolución da poboación de Curtis dende 1900.
</timeline>
</timeline>
|}


{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2015 ás 20:37

Coordenadas: 43°08′20″N 08°02′09″O / 43.13889, -8.03583

Curtis
Logo de Curtis
Bandeira de Curtis
Escudo de Curtis
Casa do Concello.
Casa do Concello, en Teixeiro.
Situación
Xentilicio[1]curtiense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación4.048 hab. (2014)[2][3]
Área116,6 km²[3]
Densidade34,72 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias
142 lugares[4]
Capital do concelloTeixeiro
Política (2011)
AlcaldeJavier Francisco Caínzos Vázquez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Curtis
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes65,89%
Na rede
concellodecurtis.org
editar datos en Wikidata ]

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4.048 habitantes (4.159 no 2012, 4.214 no 2011, 4.228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O seu xentilicio é curtiense.

Xeografía

Situación

Avenida Principal, en Curtis.

O concello de Curtis está situado no interior de Galiza, no límite oriental da provincia da Coruña limitando coa provincia de Lugo. Forma parte xunto con outros dez concellos da comarca de Betanzos de quen depende xudicial e administrativamente. As parroquias católicas dependen da arquidiocese de Santiago de Compostela. O concello, de 116,6 km², limita ao norte co concello de Aranga, ao leste co concello de Guitiriz xa en Lugo, ao sur con Sobrado e Vilasantar e ao oeste con Mesía e Oza-Cesuras.

Orografía e paisaxe

Curtis é unha extensa superficie de chaira que vai elevándose cara ao leste. Nesta zona atópase a Serra da Cova da Serpe, límite xeográfico coa provincia de Lugo. Outros cumios son o monte da Graña e o Monte Enxameado. Estas zonas montañosas dividen as tres cuncas hidrográficas do concello: a do río Mandeo, a do Tambre e a do Mendo. A altitude en todo o concello está entre os 450 e 554 metros sobre o nivel do mar e o lugar máis alto é o Monte Enxameado de 602 metros de altitude.

A paisaxe de Curtis é típica da Galiza do interior: vexetación inzada de pequenos prados, valados, chousas, pequenos camiños e corredoiras, e pequenas granxas de gando vacún pacendo. Hai moitos montes de eucaliptos e piñeiros, e entre uns e outros hai soutos e carballeiras.

Hidrografía

Río Mandeo (esquerda) e Mendo na ría de Betanzos.

Os tres ríos principais do concello son o Mandeo, o Mendo e o Deo.

O río Mandeo percorre boa parte dos seus 53 km polo concello. Nace no alto das Pías (a 720 msnm en Sobrado) ó lombo da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos. Teixeiro e Curtis, xunto con Sobrado forman a cunca alta deste río. No río dáse a troita común.

O río Mendo nace no monte da Graña (580 msnm). Logo de pasar por San Mamede e Bandoxa (Oza-Cesuras) recibe as augas do Minator. A partir de Souto (Coirós) vólvese máis sinuoso, e descende rapidamente, para discorrer paralelo ó Mandeo e desembocar coma este na ría de Betanzos.

O río Deo, de 16 km, é un afluente do Mandeo. Nace nos montes da Carriceira (548 msnm) e desemboca no Mandeo á altura da Castellana. Agás no seu tramo final no que se une ó Mandeo, o Deo discorre por terreos máis ou menos homoxéneos en altitude, producindo no seu curso abundantes brañas.

Demografía

A poboación total é de 4.048 habitantes aínda que hai un alto número de poboación emigrada.

Evolución da poboación de Curtis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.335 5.678 6.723 5.084 4.421 4.246 4.214 4.159 4.112 4.048
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 4.048 habitantes
Menores de 15 anos 421 (10.4 %)
Entre 15 e 64 anos 2.537 (62.67 %)
Maiores de 65 anos 1.090 (26.93 %)

A poboación de Curtis distribúese entre as súas catro parroquias do seguinte xeito:

Concello de Curtis
Parroquias Lurdes Fisteus Santaia Foxado Total
Área (en km²) 2,3 45 31,6 38.5 117,5
Entidades de poboación 6 51 54 31 142
Poboación 2013 1.371 546 1.786 409 4.112
% da poboación 33,34 % 13,28 % 43,43 % 9,95 % 100 %

A evolución da poboación en Curtis estivo moi relacionado coa chegada do ferrocarril no final do século XIX, manténdose o crecemento de poboación ata mediados do século XX. Este aumento da poboción rematou coa chegada do ferrocarril a Compostela e a perda desa situación de Curtis como nó de comunicacións. Dende os anos 1950 a baixada de poboación foi progresiva. Nos anos 1960 e 1970 a emigración foi ás cidades galegas máis próximas abandonando a explotación do agro como medio de vida. Actualmente está estabilidazada esa poboación. A mellora das comunicacións permitiu que moita xente que antes tiña que emigrar ou pasar boa parte do ano fora de Curtis agora teñan como segunda residencia o pobo, ou que este sexa un lugar onde pasar a xubiliación e non só os meses de verán.

Historia

Os concellos de Curtis, Vilasantar, Sobrado e algunhas terras máis formaban o condado de Présaras, un dos máis importantes dende a época sueva ata o século X. Curtis pasou a depender do mosteiro de Sobrado cando os condes Hermenexildo e Paterna o fundaron.

As catro parroquias que integran o actual concello de Curtis pertencían a tres xurisdicións: Curtis, Fisteus e Sobrado. En 1812 creáronse os concellos de Curtis e Fisteus, vixentes ata 1814. En 1834 Curtis pasou a formar parte do partido xudicial de Arzúa, e os lindes actuais quedaron establecidos en 1836.

Estación de Curtis.

Outra data importante na historia de Curtis, e a que achegaría un troco na estrutura agraria do concello, foi a construción da liña férrea Palencia-A Coruña inaugurada en 1883. A construción da estación de tren en Curtis converteu o pequeno pobo (o barrio de Bodeus) nun nó importante de comunicacións entre a meseta e Santiago. Ata alí chegaban e saían os viaxeiros en tren. Facíase o transbordo cara Compostela en carros e máis tarde en coche de liña. Dese crecemento xurdiu a necesidade de crear unha nova parroquia: Santa María de Lurdes creada en 1925, segregada da de Fisteus a iniciativa dos propios veciños.

Casa tradicional.

A principios dos anos 1920 o escritor mexicano Manuel Toussaint foi un viaxeiro abandonado na estación de Curtis que publicou: "... el pueblo, si es que puede entrar en la categoría de pueblo una calle formada por casas pobres y feas: eso es Curtis. El polvo del camino, el polvo de esta calle nos tenía blancos"[6]. Esta situación de nó de comunicacións entre a Galiza da costa e a España do interior fixo do pobo un enclave importante, un fervedoiro político e sindical. Ao inicio da Guerra Civil un grupo de personalidades republicanas que ían de Madrid para A Coruña foron retidas na estación de Curtis, e foron fusiladas[7]. O constante paso de trens cheos de militares para a fronte fixo do pobo un lugar non seguro. Os labregos deixaban as terras sen cultivar por medo a que lles disparasen desde os trens. Foi en plena Guerra Civil cando a casa do concello foi trasladada a Teixeiro. Rematada a Guerra Civil, a posguerra estivo marcada polos escapados que se refuxiaban na zona. O mítico guerrilleiro Benigno Andrade, Foucellas, que ata a súa captura e condena a morte mantivo a loita contra a Garda Civil, tiña a súa familia alí e era acosada a diario polas autoridades. Curtis era un cuartel tomado pola Garda Civil. Ata o 2008 mantivéronse o nome de rúas e prazas vinculadas á ditadura franquista. Curtis mantivo o nome da avenida Generalísimo ata que foi trocado por avenida Principal[8].

O Concello de Curtis aprobou un novo logotipo o 30 de xaneiro de 2008, unha icona cas iniciais de Teixeiro e Curtis xunto á idealización das catro parroquias que compoñen o concello todo en cor laranxa. O nome do concello aparece en dúas tipografías de cor gris[9].

Cultura

Toponimia

A orixe do topónimo de Curtis é incerta, podería vir de Cohorte, a lexión que había no campamento romano da Ciadella en Sobrado. Curtis aparece citado en 1199:

in terminis de Guarguiane de voce de villa de Covas et de Quintanas per viam que unde de faro per Villarulu, et inde Sancta Eulalia de Curtis, et inde quomodo vadit ad montem de Enara
Tombo I fol 79 v. de Sobrado.
Cartel de Curtis sobre o nome de Lourdes.

Na zona hai outro lugar con igual topónimo: San Vicenzo de Curtis, (no concello de Vilasantar). En 1873 coa chegada do ferrocarril a Curtis e Teixeiro publicouse un mapa no que aparacen citadas as dúas estacións, e Osbodeus (Bodeus). A corporación municipal o 17 de agosto de 1957 fixou o nome do lugar como Curtis-Estación. Xa a finais do século XX vaise impoñendo por uso a forma Curtis, sen Estación. O 19 de setembro de 1983 a asociación de veciños de Curtis pide a segregación. En xullo de 1998 o concello de Curtis puxo nos accesos ao lugar carteis co nome da parroquia: Concello de Curtis, Lourdes. Os veciños percorreron os camiños modificando os carteis colocando sobre o texto Lourdes o nome de Curtis[10]. No ano 2000 a Xunta de Galicia coa Lei 3/1983 de Normalización Lingüística publica no Diario Oficial de Galicia o 11 de abril como nome oficial A Estación, sen Curtis. Tres meses despois por xestións do Concello, a Comisión de Toponimia revisa e publica no DOG o topónimo oficial como Curtis sen máis engadidos[11].

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Detalle dun dos torques de Foxado.

De tempos anteriores á conquista romana localizáronse varios campos de mámoas e castros. Na zona de Curtis, Sobrado e terras próximas foron catalogadas un total de 211 mámoas, 67 das cales están no actual concello de Curtis. As terras de Curtis estaban poboadas pola tribo dos ártabros, e desa época atopáronse no Cordal de Paradela e nas estribacións do monte de Montouto (entre Aranga e Guitiriz) lousas marcadas con incisións semellando figuras humanas dándose a man[12]. No castro do Castelo atopáronse importantes xacementos arqueolóxicos e xoias de ouro, o Tesouro de Foxado exposto no Museo de Pontevedra.

Os castros localizados no concello son os seguintes[13]:

  • Estremil
  • Fisteus
  • As Merelas
  • O Porto
  • A Roda (Fisteus)
  • Pedreiro

Da época romana atópase preto de Curtis o campamento romano da Ciadella.

Patrimonio arquitectónico relixioso

Igrexa de Santa María de Lourdes.

As catro parroquias do concello de Curtis contan co seguinte patrimonio arqutectónico relixioso:

Santa Maria de Lurdes

A parroquia civil ten o nome de Lurdes, segundo di o Nomenclátor de Galicia[14]. A igrexa católica, de recente construción, leva a advocación da Virxe de Lourdes e foi construída no mesmo lugar en que había unha capela xa derruída. O vello cemiterio foi trasladado á Ronda da Coruña, onde está agora o novo.

Santa María de Fisteus

Nesta parroquia hai tres igrexas: a de Santa María de Fisteus, do século XIII, a de San Roque de Xabriño, do século XVIII en perpiaño de cachotería, e a da Illana de recente construción.

Santaia de Curtis

Conta con dúas igrexas importantes. Por unha banda a da Nosa Señora dos Remedios (Teixeiro), orixinalmente do século X, foi construída probablemente para sacralizar un lugar de ritos célticos. Conta cun carballo de mais de 200 anos e unha fonte próxima. A igrexa orixinal sufriu numerosas remodelacións nos séculos XVII, XVIII, XIX e XX.

A outra igrexa é a de Santaia, un templo primitivo construído no século X por Plasencio, avó do célebre San Pedro de Mezonzo. O templo está vinculado a este personaxe fundamental na historia de Galicia, que naceu no lugar de Chacente no ano 930.

Santa María de Foxado

A igrexa principal de Foxado data do século XVIII. É de tipoloxía barroca. A súa fachada é de perpiaños de granito e destaca a torre do seu campanario rematada en espadana.

Casas reitorais
  • A casa reitoral da Nosa Señora de Lurdes, é unha edificación modernista de principios do século XX que está situada no centro do núcleo urbano de Curtis, con galería e balcón de madeira.
  • A casa reitoral de Nosa Señora dos Remedios, foi recentemente restaurada e está situada fronte da igrexa, ás aforas do núcleo urbano.
  • A casa reitoral de Santaia, anterior ó século XVIII, tamén foi recentemente restaurada pola asociación de veciños pero sempre respectando a súa estrutura orixinal.
  • A casa reitoral da Illana, do século XX, edificio representativo da arquitectura rural.

Patrimonio natural

Flora e fauna

O tipo de solo que caracteriza a este concello é granítico nas súas dúas variantes: granitos de biotita e granitos de dúas micas. Cara ó oeste aparece unha reducida zona de esquistos e cara ó sur unha área de rochas básicas.

Coexiste unha gran diversidade de vexetación. As fragas contan con carballos, castiñeiros e bidueiros; cabe destacar a existencia de acivros e sanguiños así como gramíneas e herbáceas.
As brañas, na actualidade, aprovéitanse forestalmente introducindo eucaliptos e piñeiros, e tamén para o aproveitamento gandeiro, sendo frecuentes os cabalos en liberdade.

A fauna atópase moi relacionada co tipo de clima e vexetación. Dentro da fauna cinexética destacan entre os mamíferos o raposo, corzo, xabarín, coello e a lebre. Entre as aves pode atoparse o paspallás, a perdiz e o faisán. Tamén se dá o lobo, unha especie protexida.

Zonas verdes, roteiros e sendeirismo

Curtis, mantén un Patrimonio Natural de grande valor ecolóxico e paisaxístico, debendo estar a súa conservación na contemplación dunha estratexia de desenvolvemento integral vertebrada en torno á Axenda Local-21, proxecto de desenvolvemento económico e humano sostible impulsado pola ONU e da que Curtis é pioneiro na provincia da Coruña.

Roteiros

Curtis conta con 10 roteiros de carácter local-2 (SL), ofrecendo cada un deles non só un atractivo paisaxístico senón que discorren por núcleos rurais onde se pode observar a arquitectura tradicional. Trátanse duns percorridos onde o rústico acada unha grande relevancia e, para non perder a sensación de unidade, é moi recomendable culminar todo o camiño dunha soa vez.

A primavera e o outono son os mellores momentos para atravesar cada un deles xa que a diversidade de colores e olores que sorprenderán ós camiñantes, como se pode observar na Guía de Recursos Naturais publicada polo Concello no ano 2001.

Tres roteiros cumpren os requisitos para ser homologados pola Federación Galega de Montañismo.

Festas e celebracións

O concello conta cunha grande tradición de feira e hoxe en día mantén dúas feiras periódicas que teñen lugar en Curtis e Teixeiro. Nelas pódense atopar postos de todo tipo, roupa e alimentos locais, cesteiros e artesáns e gando.

  • Feira tradicional de Curtis - o día 9 e 23 de cada mes, no campo do mercado comarcal
  • Feira tradicional de Teixeiro - o 5 e 18 de cada mes, na praza do Concello

Economía

Bioetanol Galicia, Polígono de Curtis-Teixeiro.
Restaurante Expres .

Curtis é un concello no que o sector terciario pesa sobre o resto, destaca a produción de leite e de queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. O concello ten unha importante base gandeira e forestal. No sector secundario destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira pola presenza do Grupo Losán orixinario de Curtis.

En Teixeiro está situado o polígono industrial de Curtis-Teixeiro, con terminal de carga ferroviaria propia e onde estaba situada a fábrica de Sidegasa[15]. Construída nos anos 1970 e pechada a inicios dos anos 1980[16]. A empresa máis importante do polígono é Bioetanol Galicia[17].

A situación xeográfica do concello mantén un pequeno sector de servizos de hostalería, restauración e aloxamento.

Infraestruturas

Infraestruturas de transporte

Curtis é un importante nó de comunicacións viarias. Preto de Teixeiro pasa a autovía A-6 e a nacional N-VI. A N-634 cruza todo o concello de este a oeste facendo de comunicación con Santiago e coa meseta. Dende esta estrada parte a AC-840 que vai á Coruña, Lalín e Ourense. Curtis está a uns 60 km de Lugo capital.

Distancias a outras
cidades galegas
km
Betanzos 35
A Coruña 51
Santiago de Compostela 51
Lugo 61
Ferrol 62
Pontevedra 108
Ourense 112
Vigo 133
Distancias dende a capital do concello.

A liña de Adif atravesa de oeste a nordeste o concello, e comunica con Monforte de Lemos e coa Coruña e Ferrol. Un ramal desta liña comunica co terminal de carga do polígono Curtis-Teixeiro. Hai dúas estacións: a de Curtis e a de Teixeiro.

Centros de ensino

CEIP Teixeiro.

O sistema educativo do Concello de Curtis baséase en dous centros de ensino primario e un centro de ensino secundario.

  • CEIP de Teixeiro
  • CEIP de Curtis
  • IES Curtis[18]

Centro penitenciario

En Teixeiro construíuse o centro penitenciario de Teixeiro.

Outros servizos

EDAR de Curtis.

Curtis depende administrativamente de Betanzos e en materia sanitaria da Coruña. Hai un centro de saúde de atención primaria en Curtis. No concello existe un cuartel da Garda Civil que tamén atende ás zonas de máis preto. O servizo de recollida de lixo do concello de Curtis está asociado a Sogama e existen servizos de recollida selectiva de lixo para reciclaxe. O servizo de auga potable ten dúas captacións, unha en Teixeiro, preto da penitenciaría, que se abastece do río Mandeo, e outra en Curtis. A un cento de metros río abaixo está a EDAR de Curtis.

Deporte

A Sociedade Deportiva Teixeiro e o CCD Curtis son os principais equipos de fútbol do concello con campos de xogo en Teixeiro e Curtis respectivamente.

Política e goberno

Javier Francisco Caínzos Vázquez (PPdeG) é o alcalde de Curtis dende xullo de 2001 grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Volveu ser alcalde nas seguintes eleccións ó gañar por maioría absoluta.

Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[19]
Partido Votos % Concelleiros
PPde G 1956 64,15 % 8
PSdeG 537 17,61 % 2
BNG 323 10,59 % 1
PPCURTIS 193 6,33 % 0
Alcaldes de Curtis:
  • Javier Francisco Caínzos Vázquez, xullo de 2001 á actualidade.
  • Eduardo Pérez Manteiga, de febreiro de 1974 a marzo de 1976.
  • Alfonso Torres Vázquez, do verán de 1958 a abril de 1969.
  • Camilo García Méndez, de 1957 a 1958 e de 1969 a febreiro de 1974.

Irmandade

Curtis está irmandado dende o 10 de xuño de 2014 con sete concellos europeos[20].

Estela funeraria (S. I-V).
Inscrición: "D[iis] M[amibus] S[acrum] / Iulio Seve / riano. Anno[rum] / XLVII memo / riam posuit / coniugi karissimo Pl / acidia Lupa / defuncto in valle Minei" (Consagración aos deuses romanos. Placidia Loba puxo este recordo en honor do seu queridísimo esposo, Xulio Severiano, morto aos 47 anos de idade no val do Miño).
San Vicente de Fisteus (Curtis, A Coruña), exposto no Museo da Catedral de Santiago de Compostela.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Curtis.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Curtis".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Manuel Toussaint. Obra literaria. Universidad Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-2017-5 1992, páx 236 Publicado primeiramente en Viajes alucinados. Rincones de España (1924)
  7. Ramón Suárez Picallo. La feria del mundo. Crónicas desde Chile (1942-1956) Escolma de artigos. Consello da Cultura Galega. 2008, pax. 261 ISBN 978-84-96530-61-4
  8. El alcalde del PP en Curtis suprimirá los nombres franquistas del callejero local El País, 30 de outubro de 2008 (en castelán)
  9. Concello de Curtis (ed.). "LOGOTIPO DE CURTIS". Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  10. Mariño Sanmartín, Andrés (2010). Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos", ed. Memoria gráfica de Curtis: fondo fotográfico de la Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos" (en castelán). p. 255. 
  11. Rodríguez, Nuria. laopinioncoruña, ed. "Simplemente Curtis". Consultado o 2 de agosto de 2009. 
  12. TEIXEIRO – PREHISTORIA - TOPONÍMIA By: Fernando Cabanas López
  13. Castros de Curtis. O Noso Patrimonio
  14. Nomenclátor de Galicia da Xunta de Galicia
  15. Sidegasa resucita en Malasia. El País
  16. Siderúrgica de Galicia, SA suspende pagos
  17. Bioetanol Galicia
  18. IES Curtis
  19. Eleccións municipais de 2011
  20. Curtis firma el hermanamiento con 7 municipios europeos.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Criado Boado, F. (1980): "Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes". Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 40 páxinas.
  • Criado Boado, F. e Grajal, M. (1981): "Relación entre la distribución de mámoas y el medio físico en la zona de Sobrado-Curtis". Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 26 páxinas.
  • Mariño Sanmartín, A. (1998): Curtis, virando no tempo. Asociación Amigos de Curtis Os Quenllos. 111 páxinas.
  • Mariño Sanmartín, A. (1992): Bodeus, Curtis-Estación, Curtis: hechos, datos y personajes para la historia de un pueblo joven. 169 páxinas.
  • Mariño Sanmartín, A. (2010): Memoria gráfica de Curtis: fondo fotográfico de la Asociación Amigos de Curtis "Os Quenllos". Asociación de Amigos de Curtis Os Quenllos. 261 páxinas

Ligazóns externas