Cerca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cerca delimitando unha pradería.

Unha cerca, valo, valado ou sebe, é un elemento superficial vertical que se emprega para delimitar terreos e protexelos contra intrusos. Adoitan ser de madeira ou metálicas. Os valos colócanse ao redor dun terreo ou xardín e teñen a función de impedir a entrada a este ou de protexer a intimidade dos seus habitantes. Instálanse en granxas, terreos agrícolas ou en noutros espazos privados como, por exemplo, os xardíns das vivendas unifamiliares.