Biotita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Biotita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Clase | Silicatos |
| Subclase | Filosilicatos |
| Sistema cristalino | Monoclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Negra e marrón escura |
| Brillo | Anacarado |
| Dureza | 2-3 |
| Exfoliación | Perfecta, en láminas |
| Fractura | Irregular |
| Raia | Branca |
| Densidade | 2,8-3,2 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A biotita[1] é un tipo de mica de cor negra que fundamentalmente contén silicatos de aluminio e ferro. É un mineral frecuente en moitos tipos de rochas, e polo tanto xunto coa moscovita, son as micas máis abondosas da Terra. É moi habitual atopala en moitas rochas graníticas de Galicia.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A biotita preséntase en forma de cristais con forma hexagonal formando frecuentemente maclas. A súa exfoliación é perfecta e faina en forma de láminas moi flexibles e elásticas, suaves, traslúcidas, de brillo anacarado e lixeiramente coloreadas.
Segundo as diferentes inclusións de elementos que presente a biotita pode ser:
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]Atópase con frecuencia en granitos, pegmatitas, gneises, lousas, dioritas e en rochas volcánicas sendo, polo tanto, un mineral formador de rochas.
Usos da biotita
[editar | editar a fonte]Úsase coma illante eléctrico e térmico.
Outros silicatos
[editar | editar a fonte]Outros silicatos importantes son o feldespato e o cuarzo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para biotita.
