Maquis (guerrilla antifranquista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nas localidades da xeografía española aínda se rememoran os maquis (graffiti nun muro de Sallent -fotografía de 2005-)

O maquis, tamén coñecido como a guerrilla, foi o conxunto de movementos guerrilleiros antifascistas de resistencia en España que comezou durante a guerra civil. O case inmediato estalido da segunda guerra mundial sorprendeu moitos excombatentes republicanos en territorio francés. A partir de 1944, cos exércitos alemáns en retirada, moitos destes guerrilleiros reorientaron a súa loita antifascista en España. Pese ao fracaso da invasión do Val de Arán nese ano, algunhas columnas conseguiron progresar cara ao interior e enlazar coas partidas que permaneceran no monte desde 1939. Os maquis tiveron relevancia en todo o norte español, en Andalucía e noutras zonas durante e despois da guerra civil española

O período de máximo apoxeo guerrilleiro foi o comprendido entre 1945 e 1947. A partir deste ano intensificouse a represión franquista, que pouco a pouco foi terminando coas partidas ou grupos. Moitos dos seus integrantes morreron ou foron detidos (o que en moitos casos supuxo a morte), outros escaparon a Francia ou Marrocos. En 1952 procedese á evacuación dos últimos continxentes de importancia. Desde ese ano, os que aínda resistían no monte, negándose a elixir entre o exilio ou a morte, loitan xa case exclusivamente pola supervivencia. O final do maquis márcano as mortes de Ramón Vila en 1963 e de Xosé Castro en 1965.

Guerrillas antifranquistas en Galicia[editar | editar a fonte]

As montañas asturianas, un dos escenarios de actuación da Federación de Guerrillas de León-Galicia

As guerrillas organizadas que actuaron en Galicia foron a Federación de Guerrillas de León-Galicia e o Exército Guerrilleiro de Galicia. Arredor de mil persoas realizaron unha resistencia armada nos montes contra o fascismo, e unha grande parte delas fixeron parte destas guerrillas ou tiveron algún tipo de contacto con estas estruturas. Máis de nove mil persoas foron presas ou sancionadas por colaboración ou sospeitas de manteren relacións coa guerrilla durante o conflito civil, e despois na posguerra até o ano 1967 coa retirada do último guerrilleiro a Francia.

Un guerrilleiro galego foi Benigno Andrade García "O Foucellas" nado no lugar das Foucellas, concello de Mesía, en outubro do ano 1908 e que en xullo de 1936 "lanzouse" ao monte para combater ao novo réxime. Durante dezaseis anos estivo loitando e despistando os seus perseguidores ata que foi detido no ano 1952 e executado na Coruña.

Historia do Maquis en España[editar | editar a fonte]

Principais áreas de actividade do maquis (en cor laranxa, áreas rurais, en amarelo cidades con maior actividade)

O Maquis foi promovido polo PCE, despois da derrota do bando republicano, e sobre todo apoiado a partir do ano 1945, xa que a vitoria Aliada no continente europeo fixo reaparecer a esperanza da volta do goberno lexítimo a España como fixeron os Partisanos e a Resistencia Francesa durante a segunda guerra mundial. Moitos dos guerrilleiros foron combatentes do Exército Popular que escaparan aos montes e aos sitios rurais. Estiveron presentes sobre todo na zona próxima aos Pireneos, no centro e no norte da península. Dos exiliados que permaneceron no Midi Francés, 30.000 traballan para os alemáns, 7.000 únense ao exército francés, 3.000 vanse para a lexión estranxeira e os restantes 10.000 compoñen o Maquis da península.

No comezo foron unha gran molestia para o réxime franquista, xa que contaban co apoio da poboación rural e de familiares e amizades. Non obstante, pouco a pouco as coordinadas liñas de comunicación e estruturación da guerrilla foron cortadas polas accións dos axentes da orde, a Garda Civil. Os detidos e colaboradores foron obxecto de ameazas, castigos severos e fusilamentos, canto máis importante a implicación, maior o castigo. Esta doutrina de xustiza foi moi prexudicial para o Maquis, xa que o medo xeneralizado facía cada vez máis difícil o desenvolvemento das operacións e incluso levouse a cabo unha serie de infiltracións por parte de Gardas Civís vestidos de paisano.

Está demostrado que moitos bandoleiros ou delincuentes fixéronse pasar por Maquis e incluso que antigos membros pasaron ao saqueo e ao atraco para poder subsistir á marxe da sociedade. Isto fixo decaer a imaxe dos guerrilleiros respecto á poboación e sobre todo serviu á policía para obter unha maior colaboración cidadá. As baixas do Maquis ascenden a 5.560, deles son entregados 546, detidos 2.841 e mortos 2.173 no ano 1952.

A acción real do Maquis foi nula, só serviu para alargar un estado de guerra que debía acabar no ano 1939. Aínda que se levaron a cabo ambiciosas estratexias e operación coma a do Val de Arán, o principal obxectivo, que debía ser o achegamento dos países democráticos á causa Republicana, foi imposibilitado pola guerra fría, xa que a España anticomunista de Franco era un potencial aliado para os Estados Unidos.

Xa a partir dos anos 50 o PCE deu por rematado o apoio dos restantes comandos na península e moitos guerrilleiros volveron para Francia.

Maquis famosos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]