AC-840
| AC-840 | |
|---|---|
| ID antigo | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 58,77 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | AC-542 Betanzos |
| Fin | PO-840 A Pontenova |
Concellos que atravesa
| |
A AC-840[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Betanzos e A Pontenova (Santiso); atravesa os concellos de Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Melide e Santiso. Ten unha lonxitude de 58,77 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-542 en Betanzos e finaliza nun cruzamento coa PO-840 na Pontenova (Santiso) co límite provincial da Coruña e Pontevedra.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Sae desde a intersección coa estrada AC-542 que vai cara ao Mesón do Vento (Ordes) e Santiago de Compostela, e atravesa Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Melide e Santiso.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o mestre Rafael Fernández Casas foi detido e paseado nesta estrada á altura de Trasanquelos o 20 de agosto de 1936.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Baliza quilométrica do Plan Peña de 1939 ao seu paso por Vilasantar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
