Cachotería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escada e muralla feitas con cachotería no castro de San Cibrao de Las.

A cachotería ou cachotaría é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra tosca, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas a modo de calzos chamadas ripios.

Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (aínda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.

O uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas: en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais, debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos ripios máis pequenos.

Aínda que irregular, a disposición das pedras na cachotaría non é completamente arbitraria: véxase senón a impresión de inestabilidade que causa a imaxe dun muro rotada 90º

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cachotería