Está situado nunha pequena elevación natural no medio da chaira, entre prados. Ten forma case circular de 88 m x 75 m cun socalco nun nivel inferior[1]. Os restos corresponden probablemente a un antecastro hoxe desaparecido. Hai restos dun foxo no leste. O castro ten amplas defensas nas que se abriron varios accesos. A croa emprégase como eira.