Espadana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espadana de San Pedro de Rocas.

A espadana é un muro vertical ou falsa parede cun ou máis vans ou ocos onde vai situada a campá ou campás, especialmente é utilizado na construción de igrexas. A denominación campanario ou campanil denomina construcións máis complexas.

Espadana, na Praza da Consolación.
De bonita, é coma os anxos,
de airosa, como a espadana,
¿qué máis ha ter a santiña
que seu santiño me chama?

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]