Río Tambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Tambre
Tambre.Ponte Maceira.Galicia1.jpg
Vista de Agrón (Ames) dende Ponte Maceira
País España España
Comunidade Autónoma Galicia Galicia
Nacemento Lagoa de Sobrado [1][2][3]
Altitude 510 m [1]
Lonxitude 124,5 km [3][4]
Conca 1.530 km² [3][4]
Caudal medio 54,1 m³/s [3][4]
Caudal relativo 35,4 L/s/km² [3][4]
Desembocadura Ría de Muros e Noia
Altitude desembocadura 0 m
Hidrogalicia rio tambre.svg
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica e declarado lugar de importancia comunitaria (LIC) no 2001.

Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtud e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza[1] [2] [3], en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Támega, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames. [Cómpre referencia]

Curso[editar | editar a fonte]

Nacemento[editar | editar a fonte]

O río Tambre nace na lagoa de Sobrado, no concello de Sobrado a 510 m de altitude. A lagoa recolle a auga dos regos de Rodelo e Fontevirtude, que nacen na serra do Bocelo a uns 580 m de altitude.[1][2][3]

Curso alto[editar | editar a fonte]

O curso alto abrangue dende o nacemento (Sobrado) ata a Ponte Alvar (Santiago de Compostela e Trazo) a 200 m de altitude, e ten unha pendente media do 1,27%.[1][3]

Tras nacer pasa por debaixo do Camiño Norte de Santiago percorre a zona meridional do concello de Sobrado. Despois serve de límite entre Sobrado e Vilasantar, Vilasantar e Boimorto, Boimorto e Mesía, Boimorto e Frades, Frades e Arzúa, Frades e o Pino, o Pino e Oroso, Oroso e Santiago de Compostela, e Santiago e Trazo.[1]

Curso medio[editar | editar a fonte]

O curso medio abrangue dende a Ponte Alvar ata desembocadura do río Corzán (Negreira e Brión) a 80 m de altitude, e ten unha pendente media do 0,12%.[1][3]

Curso baixo[editar | editar a fonte]

Canón do río Tambre

No tramo final o Tambre discorre fortemente encaixado. Este tramo abrangue dende a xunta co Corzán ata o Esteiro do Tambre preto da Ponte Nafonso, e ten unha pendente media do 1,71%.[1][3]

Desembocadura[editar | editar a fonte]

Meandros na desembocadura

O río Tambre desemboca na ría de Muros e Noia formando un amplo esteiro, declarado Lugar de importancia comunitaria (LIC) no 2001 e que forma parte da Rede Natura 2000.[1] Considérase a Ponte Nafonso como a fin do río.[1]

Ecosistema[editar | editar a fonte]

O río Tambre conta cunha rica fauna nos seus arredores. Na zona de Portomouro (onde se xuntan o Tambre e o Dubra) pódense atopar numerosos animais de todo tipo en estado salvaxe (garzas, parrulos, curuxas, lontras etc.) Na auga abundan as troitas, os escalos e incluso anguías existindo coutos de pesca (Refuxio de Sigüeiro). Noutros tempos había lampreas e salmóns, pero desapareceron despois da construción de encoros entre Portomouro a a desembocadura. [Cómpre referencia]

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

Enerxético[editar | editar a fonte]

Central hidroeléctrica do Tambre.

O río ten cinco encoros, na actualidade pertencentes a Gas Natural Fenosa: encoro de Fecha (Santiago de Compostela), encoro de Mezondo (Vilasantar), encoro do Tambre (Brión) e os encoros do Tambre I e II (Noia). Na década de 1920 construíuse en Noia a primeira gran central hidroeléctrica galega, promovida pola Sociedad Gallega de Electricidad, cun edificio deseñado por Antonio Palacios. [Cómpre referencia]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O río Tambre dá nome ó condado de Trastámara (Trans Tameris) e ó grupo musical de Noia Los Tamara. [Cómpre referencia]

Afluentes[editar | editar a fonte]

Afluentes do Río Tambre por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

Curso alto[editar | editar a fonte]

  1. Rego de Lamas:[1] desemboca preto de Eirixe Nova (Sobrado) pola marxe esquerda.
  2. Rego da Cerdeira: [Cómpre referencia] desemboca entre Eirixe Nova e A Pontepedra (Sobrado) pola marxe esquerda.
  3. Rego de Sobrado: [Cómpre referencia] desemboca preto da Pontepedra (Sobrado) pola marxe dereita.
  4. Río de Caxide:[2] desemboca na Pontepedra (Sobrado) pola marxe esquerda.
  5. Rego de Vilarchao: [Cómpre referencia] desemboca preto de Vilarchao (Sobrado) pola marxe esquerda.
  6. Rego da Fonte dos Carballos:[1] desemboca preto de Vilarchao (Sobrado) pola marxe esquerda.
  7. Río Grande:[2] desemboca preto do Cotarón (Sobrado) pola marxe dereita.
  8. Rego da Marra: [Cómpre referencia] desemboca entre Sisto e A Louseira (Sobrado) pola marxe esquerda.
  9. Rego do Espiñeiro:[1] desemboca entre Sisto e Carballás (Sobrado) pola marxe esquerda.
  10. Rego de Ceños:[1] desemboca preto de Eirixe (Vilasantar) pola marxe dereita.
  11. Río Batán:[2] desemboca preto do Mesón (Sobrado) pola marxe esquerda.
  12. Río Cabalar:[2] desemboca na Ponte do Sapo (Vilasantar) pola marxe dereita.
  13. Rego das Gándaras:[1] desemboca no Batán (Vilasantar) pola marxe dereita.
  14. Rego do Vitrís:[1][2] desemboca no Valo (Vilasantar) pola marxe dereita.
  15. Rego da Fonte Fría:[1] desemboca preto da Ponte (Mesía) pola marxe dereita.
  16. Río Pequeno:[1][2] desemboca na Ponte Boado (Boimorto) pola marxe esquerda.
  17. Rego da Fraga:[1] desemboca en Barcia (Mesía) pola marxe dereita.
  18. Rego de Buazo:[1] desemboca en Froxá (Boimorto) pola marxe esquerda.
  19. Rego do Couso:[1] desemboca en Chedas (Frades) pola marxe dereita.
  20. Rego do Souto:[1] desemboca no Pazo (Boimorto) pola marxe esquerda.
  21. Rego do Muíño de San Estevo:[1] desemboca entre as Quintás de Campo (Arzúa) e Sanamil (Frades) pola marxe esquerda.
  22. Rego de Samil:[1] desemboca entre as Quintás de Campo (Arzúa) e Sanamil (Frades) pola marxe esquerda.
  23. Rego do Pío:[1] desemboca preto das Quintás de Ledoira (Frades) pola marxe dereita.
  24. Rego do Porto:[1] desemboca en Ponte Carreira (Frades) pola marxe dereita.
  25. Rego do Castro:[1] desemboca en Barcia (O Pino) pola marxe esquerda.
  26. Rego Bidueiro:[1] desemboca entre Tambre e Barcia (O Pino) pola marxe esquerda.
  27. Río Maruzo:[2] desemboca en Cabanas (Oroso) pola marxe dereita.
  28. Río Noa:[2] desemboca na Arnela (O Pino) pola marxe esquerda.
  29. Río Samo:[2] desemboca preto de Carballas (Oroso) pola marxe dereita.
  30. Río Mera:[2] desemboca entre a Tarroeira e Rabal de Abaixo (O Pino) pola marxe esquerda.
  31. Rego das Fervenzas:[1] desemboca preto de Sar (O Pino) pola marxe esquerda.
  32. Rego da Agra:[1] desemboca entre Cardama e Carollo (Oroso) pola marxe dereita.
  33. Rego do Muíño:[1] desemboca no Curro (Oroso) pola marxe dereita.
  34. Rego do Muíño:[1] desemboca na Barciela (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  35. Río Cabeceiro:[2] desemboca en Sigüeiro (Oroso) pola marxe dereita.
  36. Rego Belendo:[1] desemboca no Valado (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  37. Río Lengüelle:[2] desemboca entre a Estación de Oroso (Oroso) e as Vendas do Lengüelle (Trazo) pola marxe dereita.
  38. Rego do Pisín:[1] desemboca preto das Paradelas de Abaixo (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  39. Rego da Braña:[1] desemboca preto de Nogalláns (Trazo) pola marxe dereita.
  40. Rego de Nogalláns:[1] desemboca preto de Nogalláns (Trazo) pola marxe dereita.
  41. Rego Fontoira:[2] desemboca preto da Aldeavella (Trazo) pola marxe dereita.
  42. Rego de Busto:[1] desemboca en Barcavella (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  43. Rego de Santa Eufemia:[1] desemboca na Barca (Trazo) pola marxe dereita.
  44. Rego dos Prados:[1] desemboca preto da Irexe (Trazo) pola marxe dereita.
  45. Rego das Pesqueras:[1] desemboca en Vilouchada (Trazo) pola marxe dereita.
  46. Río Sionlla:[2] desemboca en Insuas (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  47. Rego de Penamoura:[1] desemboca en Marzo de Abaixo (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  48. Rego de Gatofero:[1] desemboca preto da Ponte (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  49. Rego de Oufín:[1] desemboca entre Albudiño e a Ponte (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  50. Rego de Augas Santas: [Cómpre referencia] desemboca en Barqueiros (Trazo) pola marxe dereita.
  51. Rego do Pazo:[1] desemboca entre a Pontealbar e Barqueiros (Trazo) pola marxe dereita.

Curso medio[editar | editar a fonte]

  1. Rego de Chonia:[1] desemboca preto de Tarrío (Trazo) pola marxe dereita.
  2. Rego do Feal:[1] desemboca preto de Tarrío (Trazo) pola marxe dereita.
  3. Rego de Vachao:[1] desemboca preto de Vachao (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  4. Rego de Vilar do Rei:[1] desemboca preto de Vilar do Rei (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  5. Rego da Devesa:[1] desemboca entre Vilar do Rei e a Lamela (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  6. Rego de Gallufe:[1] desemboca preto de Frensa (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  7. Rego da Granxa:[1] desemboca en Novais (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  8. Rego de Portomeiro:[1] desemboca preto de Novais (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  9. Río Dubra:[1] desemboca en Portomouro (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  10. Rego de Fontán:[1] desemboca en Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  11. Rego de Tarrulo:[1] desemboca en Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  12. Rego de Potella:[1] desemboca entre Vilela (A Baña) e Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  13. Rego da Anduriña:[1] desemboca preto de Covas (Ames) pola marxe esquerda.
  14. Rego do Espiño:[1] desemboca en Vilouta (Ames) pola marxe esquerda.
  15. Rego do Porto de Menlle:[1] desemboca preto de Oca (Ames) pola marxe esquerda.
  16. Rego de Portalaxe:[1] desemboca preto de Fiopáns (A Baña) pola marxe dereita, a 31,7 km do mar.[1]
  17. Rego de Portor: [Cómpre referencia] desemboca preto de Portor (Negreira) pola marxe dereita, a 28,8 km do mar.[1]
  18. Rego Sarnados:[1] desemboca preto de Miso (Ames) pola marxe esquerda, a 28,4 km do mar.[1]
  19. Rego das Pías:[1] desemboca preto da Ponte Nova (Ames) pola marxe esquerda, a 27,0 km do mar.[1]
  20. Rego da Portela ou de Rapadoiro:[1] desemboca na Barca (Negreira) pola marxe dereita, a 25,8 km do mar.[1]
  21. Rego dos Chavielos:[1] desemboca en Ons (Brión) pola marxe esquerda, a 22,7 km do mar.[1]
  22. Río Barcala:[1] desemboca preto de Negreiroa (Negreira) pola marxe dereita, a 20,7 km do mar.[1]
  23. Rego de Viceso:[1] desemboca preto da Igrexa (Brión) pola marxe esquerda, a 15,3 km do mar.[1]
  24. Rego Pequeno:[1] desemboca preto de Liñaio (Negreira) pola marxe dereita, a 11,6 km do mar.[1]
  25. Rego de Navallóns:[1] desemboca preto da Graña (Brión) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[1]

Curso baixo[editar | editar a fonte]

  1. Río Corzán:[1] desemboca preto de Barbazán (Negreira) pola marxe dereita, a 10,0 km do mar.[1]
  2. Rego das Vaquerizas:[1] desemboca preto de Vilariño (Brión) pola marxe esquerda, a 8,57 km do mar.[1]
  3. Río de Xallas:[1] desemboca entre Lobios (Negreira) e Insua (Outes) pola marxe dereita, a 7,11 km do mar.[1]
  4. Rego de Quarenza:[1] desemboca entre Vilariño (Brión) e Nimo (Noia) pola marxe esquerda, a 6,86 km do mar.[1]
  5. Rego do Souto:[1] desemboca preto de Nimo (Noia) pola marxe esquerda, a 3,53 km do mar.[1]

Desembocadura[editar | editar a fonte]

  1. Rego do Muíño:[1] desemboca no Castro (Noia) pola marxe esquerda, a 2,04 km do mar.[1]
  2. Río Laxoso:[1] desemboca en San Tirso (Outes) pola marxe dereita, a 940 m do mar.[1]
  3. Río Donas:[1] desemboca na Ponte Nafonso (Outes) pola marxe dereita, a 380 m do mar.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 1,48 1,49 1,50 1,51 1,52 1,53 1,54 1,55 1,56 1,57 1,58 1,59 1,60 1,61 1,62 1,63 1,64 1,65 1,66 1,67 1,68 1,69 1,70 1,71 1,72 1,73 1,74 1,75 1,76 1,77 1,78 1,79 1,80 1,81 1,82 1,83 1,84 1,85 1,86 1,87 1,88 1,89 1,90 1,91 1,92 1,93 Instituto Geográfico Nacional de España. "GoolZoom - Cartografía Raster" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster del IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 28/11/2015. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 Instituto Geográfico Nacional de España (1949). "GoolZoom - Topográfico MTN50" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de la primera edición del MTN50 del IGN ed.). 1:50.000. MTN50 (en castelán). Consultado o 28/11/2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 3,9 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Tambre". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 205–207. ISBN 84-87804-26-8. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cañada, Silverio, ed. (2003). "Tambre". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 205–207. ISBN 84-87804-26-8. 
  • Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.