Hermenexildo Aloitez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 898 (Gregoriano) Galicia |
Morte | 966 (Gregoriano) (67/68 anos) Sobrado |
Lugar de sepultura | mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes |
Conde de Présaras | |
920 – | |
Mordomo real Ramiro II | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Paterna Gundesindez |
Fillos | Sisnando Menéndez |
Hermenexildo Aloitez ou Hermenexildo Alvitez, con data de nacemento descoñecida e finado no Sobrado o 10 de decembro do ano 966,[1] foi un aristócrata galego do século X, conde de Présaras entre o 920 e o 966.
Orixe familiar
[editar | editar a fonte]Hermenexildo era membro dunha familia moi relevante con vínculos coa coroa e coa igrexa. Seu pai foi o conde Aloito Guterrez. Un dos seus tíos paternos foi Hermenexildo Guterrez, conde de Tui que loitou contra os exércitos musulmáns e conquistou Porto e Coímbra e quen ademais foi pai da raíña Elvira Menéndez (muller do rei Ordoño II), avó de san Rosendo, de Adosinda Guterrez (muller do rei Ramiro II de León) e do conde Osorio Gutiérrez, fundador do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá.
Súa nai foi Arxilo Aloitez, filla dos condes Aloito e Paterna, fundadores do Mosteiro de San Salvador de Cis.[2][3][4]
Hermenexildo tivo tres irmáns: Gundesindo Aloitez, bispo de Iria Flavia, Arias, e o conde Gutierre Aloitez.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado conde de Présaras cara ao ano 920, chegando a ser mordomo real de Ramiro II, entre os anos 937 e 949.
O conde Hermenexildo e a súa esposa Paterna, aparecen en tres ocasións (entre 930 e 952) nos Tombos de Sobrado presidindo a asemblea de xustiza do Condado.[6]
Frogia e a súa muller enfrontáronse con Teverano e a súa. Houbo berros e paus. Frogia e a súa esposa foron condenados polas feridas causadas a quen seguramente eran os seus veciños; tiveron que presentarse diante de Hermenexildo e Paterna -in presentia uestra et iudicium- en Sobrado. As lesións deberon ser mais que leves, porque foron tasadas pola xustiza en dez bois, dos que os condenados só puideron entregar o equivalente a seis. O asunto (...) rematou coa incorporación o patrimonio de Hermenexildo e Paterna, convertidos en depositarios dos dereitos de Teverano, das partes das plantacións que nas villae de Ricilani e Gunderedi pertencían a Frogia e a súa esposa.[7]
No 952, xunto coa súa esposa Paterna, fundou o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes[8][9] e outorgou coa súa esposa o privilexio fundacional ao primeiro abade, o presbítero Sentario [10]. No 958, o matrimonio traspasou o condado de Présaras ao mosteiro que fundara.[11] Este mosteiro foi herdado polos seus descendentes da Casa de Traba e case dous séculos despois, en xaneiro de 1142, dous dos membros máis destacados desta liñaxe, Fernando e o seu irmán Bermudo Pérez de Traba, entregaron o mosteiro aos monxes cistercienses.[12]
Ao final da súa vida, a partir do ano 958 retirouse e viviu como monxe ata a súa morte antes do 10 de decembro do 966.[8]
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou con Paterna Gundesindez, filla de Gundesindo e Senior, e falecida antes do ano 955. Xa no 916 aparece con ela adquirindo algunhas propiedades.[5]
Deste matrimonio naceron os seguintes fillos:
- Sisnando Menéndez, bispo de Iria Flavia.[13] Foi desposuído das súas prerrogativas reais a favor de Rosendo de Celanova debido ao seu enfrontamento co rei Sancho I de León, aínda que despois recuperounas. Morreu no 968 loitando contra os invasores normandos liderados por Gunrod.[14]
- Rodrigo Menéndez,[5] duque e dono do castelo de Aranga e esposo da condesa Elvira Aloitez.[15] Un fillo deste matrimonio, o conde Gutierre Rodríguez de Aranga, casou con Gundesinda e foron os pais de Ilduara Gutiérrez, nai de Elvira de Faro, a esposa do conde Froila Vermúdez,[9] pais de varios fillos, entre eles o conde Pedro Froilaz de Traba. É a través deste matrimonio que o mosteiro de Sobrado, foi herdado polos irmáns Bermudo e Fernando Pérez de Traba.
- Unha filla, cuxo nome se descoñece, que puido ser a muller de García Íñiguez. En 984, unha posible filla deste matrimonio, Ximena Garcés, menciona nun documento do mosteiro de Sobrado a seus pais e a seus tíos maternos, Rodrigo e Sisnando.[16]
Hermenexildo Aloitez Nacemento: ? Falecemento: 10 de decembro de 966
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por ?
|
Conde de Présaras 920 – 966 |
Sucedido por ? |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La fundación del monasterio de san Salvador de Cines de José Luis López Sangil ; cita :"El conde don Hermenegildo vivía en 959 como monje en Sobrado, y antes del 10 de diciembre de 966 había fallecido." (consultado 0 30/05/2010.°
- ↑ Sáez 1947, pp. 6-7.
- ↑ López Sangil 2001, p. 146.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 313.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 314.
- ↑ El territorio en la historia de Galicia. Organización y control. Siglos I-XXI. USc, editora académica. 2015. p. 115. ISBN 978-84-16183-78-4.
- ↑ Pallares Méndez, Mª del Carmen (1979). El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia medieval. Deputación da Coruña. p. 61.
- ↑ 8,0 8,1 López Sangil 2001, p. 4.
- ↑ 9,0 9,1 Barros 2009, p. 142.
- ↑ Hipólito de Sa Bravo (1995 (Quinta edición)). Monasterios de Galicia. Editorail Everest S.A. León. ISBN 84-241-4459-7. páxina 121.
- ↑ Barros 2009, p. 143.
- ↑ Daviña Sáinz 1998, pp. 60 e 82.
- ↑ Sáez 1947, p. 6.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 313–314.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, pp. 313 e 315.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 315.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barros, Carlos (2009). "Origen del castillo y coto de Aranga, Siglos X–XII". Cuadernos de Estudios Gallegos (en castelán) LVI (122 enero-diciembre): 130–150. ISSN 0210-847X.
- Carriedo Tejedo, Manuel (2003). "La familia de San Rosendo". Estudios Mindoniense (en castelán) (Diócesis de Mondoñedo-Ferrol) 23: 103–123.
- Daviña Sáinz, Santiago (1998). "El monasterio de las Cascas (Betanzos) (I)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Braga: Consello de Betanzos, A Coruña Câmara Municipal de Braga) (21): 77–102. OCLC 72890459.
- López Sangil, José Luis (2001). "La fundación del monasterio de San Salvador de Cines" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Braga: Consello de Betanzos, A Coruña Câmara Municipal de Braga) (24): 139–156. OCLC 72890459.
- Loscertales de G. de Valdeavellano, Pilar (1976). Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes (en castelán). I e II. Madrid: Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural. Archivo Histórico Nacional. ISBN 84-369-0070-7.
- Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo: notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". Hispania: revista española de Historia (Madrid: CSIC, Instituto Jerónimo Zurita) (XXX). OCLC 682814356.
- Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII (en castelán). I e II. Salamanca: Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura. ISBN 84-7846-781-5.