O Centro Cultural e Deportivo de Curtis é un club de fútbol do concello de Curtis, A Coruña. O seu terreo de xogo, chamado Campo Novo, pasou a denominarse en 2016 Lucas Vázquez[1].
As orixes do fútbol en Curtis están en 1934, cando un equipo da localidade gañou unha competición ao desaparecido Compostela Sociedad Cultural. Nos anos `40 o equipo xogaba no Campo da Feira, actual Campo da Festa.
En 1967 nace o actual club. Nos comezos as cores do equipo eran a vermella e a branca en franxas verticais. Deseño que variaría cos anos a outro axadrezado cas mesmas cores vermella e branca. Nos anos `70 o club mercou a Tomás do Santo un prado no lugar de Bodeus por 50.000 pesetas. Así nacía o Campo Novo, que en 2016 pasou a levar o nome de Lucas Vázquez[2] na honra do internacional madridista nacido en Curtis.
En novembro de 2010 fora inaugurada a herba artificial do campo nun partido entre os veteranos do Deportivo e unha selección de xogadores dos cinco equipos federados de Curtis. Este foi o primeiro partido en que xogaron xuntos xogadores de todo o concello. Arsenio Iglesias fixo o saque de honra[3].