Río Mandeo
Mandeo | |
---|---|
![]() Ó seu paso por Aranga. | |
País | ![]() |
Nacemento | Marco das Pías[1] |
Altitude | 700 m |
Lonxitude | 56 Km |
Conca | 456 km2[2] |
Caudal medio | 23,88 m3 (febreiro) 1,16 m3 (agosto) |
Desembocadura | ría de Betanzos |
![]() | |
Bacía do Mandeo na Costa Ártabra | |
O Río Mandeo nace no Marco das Pías na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.[3]
Afluentes[editar | editar a fonte]
O afluente principal do río Mandeo é o río Deo. Xúntanse entre os concellos de Curtis e Aranga, na Castellana. Os outros afluentes son: Portos, Lombaos, Dombrete, Ramalleiro, Lentemil, Portabenza e Zarzo.
Conservación[editar | editar a fonte]
Parte da zona que percorre é un espazo natural protexido desde 2004 coñecido como zona especial de conservación Betanzos - Mandeo.[4]
O Mandeo na cultura popular[editar | editar a fonte]
Respecto á orixe do nome do río Mandeo (ou Mandeu), conta a lenda que os mouros acamparon na beira do río para decidir cal camiño e cal táctica debían seguir. Dous caudillos discutiron defenderon posturas encontradas, sen chegar a un acordo, ata que un deles exclamou "Aquí mando eu", de onde lle vén o nome ó río.[5]
No río Mandeo celébrase en agosto a romaría dos Caneiros.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
En Aranga
-
ibídem
-
Entre A Ponte Muniferral (Irixoa) e a A Vila (Aranga).
-
ibídem
-
En Val do Cambás
-
Desembocadura do río Mandeo (esquerda) e Mendo na ría de Betanzos
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Carmen Delia Díaz (26/05/2017). "Los mejores rincones del Mandeo". La Voz de Galicia.
- ↑ masmar. "Río Mandeo y su afluente Deo:: Comarca de Betanzos. A CORUÑA". Consultado o 5 de agosto de 2018.
- ↑ Proxecto Mandeo (eds.). "Proxecto Mandeo". riomandeo.com.
- ↑ "Betanzos - Mandeo". Medio Ambiente e Sostibilidade: Espazos Protexidos. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.
- ↑ Rodríguez González, E. (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Mandeo ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rodríguez González, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo, s.v. Etimoloxía.