Saltar ao contido

Phasianinae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Faisán»)

Os Phasianinae ou fasianinos forman unha subfamilia de aves da familia Phasianidae, da orde das Galiformes, de grande importancia para a especie humana, ben sexa pola caza deportiva, ben pola súa produción avícola e de carne en granxas.

Esta subfamilia comprende 16 xéneros[1] entre os que se atopan galiñas, pavos e faisáns. As aves deste grupo son naturais de Europa, Asia e África.

Moitas destas especies amosan un dimorfismo sexual, con machos de gran corido e con plumas longas separadas do corpo, e con femias máis pequenas, de corpo máis repoludo e normalmente pardas ou pedresas. Outras, coma as perdices, son semellantes en ambos xéneros.

Especies por orde taxonómica

[editar | editar a fonte]
Faisán común

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. [1]