Historia da arte
A historia da arte é unha disciplina que estuda a evolución das expresións artísticas, a constitución e a variación das formas, dos estilos, dos conceptos transmitidos a través das obras de arte.
O termo historia da arte acostuma a designar o conxunto das obras dunha época, país ou escola das artes visuais. A arte é a expresión do momento, sexa histórico ou persoal. Os historiadores de arte procuran determinar os períodos que empregan un certo estilo estético por 'movementos'. A arte rexistra as ideas e os ideais das culturas e etnias, sendo, así, importante para a comprensión da historia da humanidade e do mundo.
Na linguaxe común, o termo historia da arte acostuma a referirse á historia das artes visuais. Se ben as ideas sobre a definición de arte sufriron mudanzas ao longo do tempo, o campo da historia da arte tenta categorizar as mudanzas na arte ao longo do tempo e comprender mellor a forma como a arte modela e é modelada polas perspectivas e impulsos criativos dos seus practicantes. Aínda que moitos pensen na historia da arte simplemente como o estudo da a súa evolución occidental, o asunto inclúe toda a arte, dos megálitos da Europa Occidental ás pinturas da dinastía Tang, na China.
(Á dereita, detalle d´A Gioconda de Leonardo da Vinci)
Índice |
Periodización[editar]
O campo de arte se tornou bastante abranguinte e pode subdividirse da seguinte maneira:
Por localización xeográfica[editar]
Ver tamén: Arte etnográfica
| Arte europea | |||||||||
| Arte africana | |||||||||
| Arte bérber | Arte mourisca | |||||||||
| Arte asiática | |||||||||
| Arte do Próximo Oriente: Arte islámica Arte do Extremo Oriente: Arte chinesa (Cerámica) | Arte xaponesa (arquitectura | cerámica) | Arte tibetana | Arte indiana |
|||||||||
| Arte americana | |||||||||
| Arte precolombiana: (Mesoamérica) - Arte olmeca | Arte tolteca | Arte maia | Arte azteca | (Andes) - Arte inca Arte norteamericana: Arte india |
|||||||||
| Arte oceania | |||||||||
| Arte aboríxene |