La Región

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

La Región é un diario galego en lingua castelá fundado en 1910 e publicado na cidade de Ourense que segue a distribuirse na actualidade. Saiu á rúa por primeira vez o 15 de febreiro de 1910. O seu primeiro director foi Manuel Cambón, militar.

Conta con seccións dedicadas ás noticias locais das comarcas de A Limia, Allariz, Baixalimia, Carballiño, Celanova, Monterrei, Ourense, O Ribeiro e Valdeorras entre outras. Complétase con seccións centradas no resto de Galicia, España, o estranxeiro, Deportes, Economía, Cultura e Sociedade. Ademais conta con delegacións noutras localidades como Verín, Ribadavia, Santiago de Compostela e Madrid.

Segundo o día da semana inclúe suplementos centrados en distintos temas, por exemplo deportes, motor, educación, pasatempos, agricultura e sociedade.

O xornal está dirixido por Alfonso Sánchez Izquierdo, mentres que o seu editor é José Luis Outeiriño Rodríguez.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas