Couzadoiro, Ortigueira
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Salvador de Couzadoiro.
| San Cristovo de Couzadoiro | |
|---|---|
| Igrexa de San Cristovo de Couzadoiro | |
| Concello | Ortigueira |
| Área | 21,8 km² |
| Poboación | (Ano 2009) 152 hab. |
| Densidade | 6,9 hab./km² |
| Entidades de poboación | 23 |
San Cristovo de Couzadoiro é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal.
Índice |
[editar] Poboación
Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 152 habitantes (82 homes e 70 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 229 habitantes.
[editar] Xeografía
Couzadoiro está situada na parte oriental do concello no curso medio do río Baleo e na aba occidental da Serra da Faladoira, do coto de Roca e dos montes do Burgo. Os lindes da parroquia son: San Salvador de Couzadoiro ao norte. Este linde vai dende o Coto polo rego de Montecalvelo até o coto de Vilariño; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón dende o coto de Vilariño até Xuncos de Mouráz, polo sudoeste o rego de Xuncos de Mouraz, afluente do Baleo, sepáraa da parroquia de Devesos, e polo oeste limita coa parroquia de Cuíña no monte da Penouseira.
Dende a estrada AC 682 na Ponte do Baleo, parte outra que nos leva até Devesos e que atravesa a parroquia polo alto de Corbelle. Tamén atravesa esta parroquia outra estrada que une a mesma Ponte do Baleo con Mañón por Montecalvelo e o alto do Foxo.
O río Baleo duns 14 quilómetros, forma este precioso val, e dada a grande cantidade de regos e regatos de certa importancia que nel conflúen, vai recibindo distintos nomes ao longo do seu curso. Na parte alta chámaselle o río das Mestas, máis abaixo é o río Grande, e xa preto da enseada de Ladrido onde desemboca, coñécese coma Baleo.
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial de San Cristovo, á beira do rego de Meixonfrío, é un templo de certa amplitude; de planta de cruz latina con cinco pequenos altares, un dos cales é de estilo churrigueresco. Venérase nesta igrexa unha imaxe da virxe do Loreto, que deu lugar a unha romaría moi popular hoxe xa esquecida.
Seguindo este mesmo rego até a súa unión co Baleo, no lugar da Veiga atopamos hoxe un renovado Pazo da Torre. Alí mesmo atopamos tamén unha ponte pola que pasaba o camiño real de Ortigueira a Viveiro até que se constrúe a finais do século XIX a do Barqueiro.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Couzadoiro, Ortigueira.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de San Cristovo de Couzadoiro
| Lugares da parroquia de Couzadoiro no concello coruñés de Ortigueira | |
|---|---|
|
O Acivido | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Castelo | Castrillón | Cernada | O Chao | A Corredoira | Corvelle de Abaixo | Corvelle de Arriba | O Coutado | O Cristo | Cu de Petos | A Ferrería | O Foxo | Martiñan | Meixonfrío | As Mestas | Montecalvelo | O Nogueirido | O Pazo | A Pena | As Penas do Rego | O Pesco | O Piñeiro | Porto de Insua | O Preguntoiro | Randamil | Riba de Souto | San Miguel | Santaballa de Abaixo | Santaballa de Arriba | O Teixeiro de Abaixo | O Teixeiro de Arriba | A Torre | O Trabado | O Vilar | Xiros | Xorres |