Amersfoort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amersfoort
Bandeira de Amersfoort Escudo de Amersfoort
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Amersfoort respecto de Utrech
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: Utrecht (province)-Flag.svg Provincia de Utrecht
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
63,85 km²
62,83 km²
0,95 km²
Poboación
Poboación: 143.338 (2008)
Densidade: 2.211 hab/km2
Información
Código postal: 3800-3830
Alcalde: Albertine van Vliet-Kuiper (D66)
Sitio na web: www.amersfoort.nl

Amersfoort é un concello da provincia de Utrech, Países Baixos, situado nas ribeiras do río Eem. Conta con 134.768 habitantes (2005)

Os primeiros asentamentos na rexión de Amersfoort datan de arredor do 00 a.C., pero o nome de Amersfoort non aparece ata o século XI.
En 1259 bispo de Utrecht, Hendrik van Viandeno dálle o status de cidade.
A construción da igrexa da Nosa Señora comezou en 1444, en 1787 vense abaixo, permanecendo tan só A Torre (Onze-Lieve-Vrouwentoren), unha das torres de igrexa máis altas do país, con 98 m. A cidade vella permanece case idéntica ao aspecto que tiña na Idade Media, época na que a cidade era un importante centro da industria téxtil. No século XVIII a cidade floreceu a causa do cultivo do tabaco.
Durante a Segunda Guerra Mundial preto da cidade houbo un campo de concentración.

O río Eem ao seu paso por Amersfoort, vista da Torre da Nosa Señora ao fondo

Ligazóns externas [editar]

Web oficial do concello (en holandés)