Lector

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Definicións[editar | editar a fonte]

  1. Dise de quen le ou le decote.
  2. Nas editoriais, compańías teatrais etc., persoa encargada de ler e revisar os textos.
  3. Aparello para ler microfilmes.
  4. Profesor de nacionalidade estranxeira encargado de ensinar a lingua do seu país de orixe.

Narratoloxía[editar | editar a fonte]

Distínguense tres tipos de lectores:

  • lector real (ou empírico): suxeito historicamente determinado que le o texto
  • lector virtual: suposto polo autor segundo determinadas expectativas, categorías culturais, gusto, consonancia ideolóxica,...
  • lector ideal: aquel do que se presume que acadará a perfecta comprensión do texto na total complexidade da súa mensaxe.

Non debe confundirse lector con narratario: Ó escritor correspóndelle o lector; ó narrador, un narratario. Para percibir mellor a diferenza entre escritor e autor, véxase narratario.