Reino dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino dos Países Baixos
Bandeira de Escudo de
Bandeira Escudo
 
Kingdom of the Netherlands. administrative divisions - de (3x zoom).svg
 
Capital
 • Poboación


Linguas oficiais

Forma de goberno

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

n/d

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade


n/d
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita


PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


IDH
Moeda
Xentilicio
Fuso horario
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO
Tódolos países do mundo

O Reino dos Países Baixos é un Estado soberano membro da Unión Europea composto por catro países, os Países Baixos, Aruba, Curaçao e San Martiño.

O Estatuto do Reino dos Países Baixos, data de 1954, determina os asuntos xestionados polo Reino. O monarca do Reino é tamén o monarca de cada un dos países, ou sexa a Raíña Beatriz dos Países Baixos e os seus heredeiros lexítimos. O monarca encabeza o consello rexente executivo do Reino e de cada un dos países, sendo representado por gobernadores nas Antillas Holandesas e en Aruba. Entre os asuntos xestionados polo reino atópanse os relacionados con:

  • Defensa
  • Negocios estranxeiros
  • Cidadanía
  • Extradición

Outros asuntos son delegados nos gobernos nacionais. O Estatuto do Reino pon fin á relación colonial entre os Países Baixos por unha banda e as Antillas Holandesas e o Suriname pola outra. O 25 de novembro de 1975, o Suriname converteuse en país independente e en 1986 Aruba obtivo un Estatuto separado das restantes illas das Antillas Holandesas.

Cada un dos países ten un documento propio describindo a formación do seu goberno:

O consello de Ministros do reino está composto polos ministros dos Países Baixos e un ministro plenopotenciario por cada un dos outros países.

Antes de 1954, o "Reino dos Países Baixos" referíase aos Países Baixos e ás súas colonias. Antes de 1830 (formalmente, 1839) o Reino Unido dos Países Baixos incluía tamén a Bélxica.

A montaña máis alto do Reino é o Monte Scenery (862 m) na pequena illa de Saba, nas Antillas Holandesas.

Poboación, áreas e densidade poboacional[editar | editar a fonte]

País poboación área densidade
Países Baixos 16 067 754 41 526 387
Aruba 70 441 193 365
Antillas Holandesas 214 258 960 223